Francisco Sierra Rodríguez, nado en Xinzo de Limia o 13 de marzo de 1883 e finado no mesmo concello o 2 de agosto de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio en Ourense, rematando en 1906.El Correo de Galicia, 12-10-1906, p. 2. Foi mestre en Parada de Outeiro (Vilar de Santos) e Figueiroá (Paderne de Allariz). Na República era mestre de Mosteiro de Ribeira. Era vicepresidente do Radio Comunista de Lamas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foron buscalo de noite á súa casa os falanxistas e a Garda Civil. Fíxolles fronte producíndose un tiroteo; como non se entregaba ían prenderlle lume á casa; finalmente entregouse para salvar a súa muller, Beatriz Murias e a súa filla Esther. Detido, levárono ao cárcere de Xinzo de Limia. Foi paseado o 2 de agosto de 1936, o seu cadáver atopouse na costa de Allariz.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O asasinato de Francisco Sierra, mestre de Mosteiro, en agosto de 1936.
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos