Acontecementos 7 de xaneiro - Afonso IV convértese en rei de Portugal. Eduardo III de Inglaterra sucede a Eduardo II de Inglaterra no goberno do Ducado da Aquitania. É editado o portolano de Angelino Dalorto ("Angellinus de Dalort", posibelmente Angelino Dulcert) que sinala unha illa, ao oeste da Irlanda, denominada como Bracile. 2 de febreiro - Andrónico II Paleólogo coroa o seu neto Andrónico III Paleólogo coemperador para terminar coa guerra civil. 13 de marzo - Fundación de México-Tenochtitlán segundo coa mitoloxía mexica. 14 de xuño - Ibn Battuta inicia as súas viaxes de exploración.
Nacementos Nicolao de Oresme, filósofo francés (m. 1382), data aproximada de nacemento. 1 de maio - D. João Martins de Soalhães bispo de Lisboa e arcebispo de Braga. 12 de maio - Ruperto II, Elector Palatino do Rin, de 1390 a 1398 (m. 1398).
Mortes 7 de xaneiro - Don Dinís rei de Portugal e poeta (n. 1261). 16 de decembro - Carlos de Valois, conde de Valois, de Anjou, de Maine e de Perche e Emperador titular do Imperio Latino (n. 1270).
Notas
Historia ano a ano
Categoría:1325