A VG-4.5 ou Acceso a Cangas (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Moaña e Cangas de Morrazo; atravesa os concellos de Moaña e Cangas de Morrazo. Ten unha lonxitude de 2,41 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-4.1 en Moaña e finaliza nun cruzamento coa PO-554 en Cangas.

Percorrido

Inicia na rotonda do corredor de Morrazo, CG-4.1 (dirección sur) e a autovía AG-46 (dirección norte), preto do lugar da Ameixoada (concello de Moaña), chegando a un viaduto da Ameixoada duns 468 metros, a uns poucos metros da primeira rotonda. Seguindo á ligazón da estrada EP-1104 ao lugar da Ameixoada (mesmo concello) e ao campo de futbol do Casal (lugar do Casal, mesmo concello) e remata na rotonda da estrada PO-554 cara a sur á estrada PO-551 con dirección a Cangas de Morrazo e ao Camiño da Rúa (un cara a oeste á estrada EP-1003 e outro cara a este ao lugar da Pedreira (concello de Cangas), preto do lugar da Rúa (mesmo concello).

Historia

As primeiras obras iniciaron en maio de 2003 e forma parte do ramal do corredor do Morrazo, CG-4.1 no treito final da autovía AG-46 e foi inaugurado en decembro de 2005, entre a autoestrada AP-9 e Menduíña (Cangas de Morrazo).

Treitos

Denominación Treito Kms Ano servizo Moaña - Cangas de Morrazo 2,4 2005

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Moaña Categoría:Cangas de Morrazo Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes