Screaming Females foi unha banda estadounidense de punk rock procedente de New Brunswick, Nova Jersey e formada no ano 2005. O grupo separouse en decembro de 2023 e durante a súa carreira publicou oito álbums de estudio. Estaba formado pola guitarrista e vocalista Marissa Paternoster, o batería Jarrett Dougherty e o baixista King Mike.
Historia Mike e Marissa formaron unha banda no instituto chamada Surgery On TV. Tras varios cambios na formación finalmente decidiron tocar como trío e cambiaron o nome a Screaming Females. O grupo iniciouse na escena de concertos en sotos de New Brunswick. Os concertos celebrábanse nas casas de varias bandas, estudantes e residentes, polo que podía asistir xente menor de 21 anos. A banda foi conseguindo éxito coa maior exposición, aparecendo na NPR, no programa Last Call with Carson Daly e na MTV. Screaming Females tocou con bandas como Garbage, Throwing Muses, Dinosaur Jr., The Dead Weather, Arctic Monkeys, Ted Leo & The Pharmacists, JEFF the Brotherhood, Little Lungs, Cheeky, The Ergs, Shellshag e The Measure.
Screaming Females autoeditou os álbums Baby Teeth en 2006 e What If Someone is Watching Their T.V.? en 2007. Despois, a banda fichou polo selo Don Giovanni Records, que posteriormente reeditaría eses dous primeiros traballos.
Don Giovanni Records O primeiro disco con Don Giovanni Records foi Power Move, lanzado en 2009, seguido por Castle Talk en 2010. O seu quinto álbum, Ugly, foi editado en 2012 e foi gravado por Steve Albini. O disco recibiu recensións favorables de The A.V. Club, Chicago Tribune, Los Angeles Times, Pitchfork Media, Alternative Press e CMJ.
No ano 2012 Marissa Paternoster foi situada no posto 77 dos mellores guitarristas de todos os tempos segundo a revista Spin.
No seu quinto álbum de estudio, Ugly, Screaming Females colaborou co destacado produtor e enxeñeiro Steve Albini. P disco tivo unha boa acollida entre a crítica, conseguindo recensións favorables en medios como The A.V. Club, Chicago Tribune, Los Angeles Times, Pitchfork Media, Alternative Press e CMJ.
En febreiro de 2013 Screaming Females editou o EP autoproducido Chalk Tape para ser escoitado en liña. O EP tamén se vendeu en casete nunha edición limitada ademais de estar dispoñible como descarga dixital. Segundo a banda, Chalk Tape afástase do seu típico proceso de composición. Para escribir os seus temas o grupo escribiu os seus plans nun encerado con xiz e gravounas sen modificacións.
No mes de setembro de 2013 Screaming Females saíu de xira cos seus compañeiros de selo Waxahatchee e Tenement. A principios de 2014 a banda gravou un álbum ao vivo no Hideout de Chicago. O disco, titulado Live at the Hideout, foi gravado por Steve Albini e lanzado en abril dese mesmo ano.
A finais de 2014 o grupo anunciou o sexto álbum, Rose Mountain. O disco foi producido por Matt Bayles e editouse o 24 de febreiro de 2015 a través de Don Giovanni Records.
O seu sétimo traballo, All at Once, apareceu en febreiro de 2018, e en 2019 a banda editou unha colección de sinxelos titulada Singles Too.
O 17 de xaneiro de 2023 a banda publicou o sinxelo "Brass Bell", e anunciou o lanzamento do seu oitavo álbum, Desire Pathway. O disco editouse o día 17 de febreiro dese ano a través de Don Giovanni Records.
O 5 de decembro de 2023 a banda anunciou a súa disolución a través das súas redes sociais. Discografía Álbum Ano Selo Baby Teeth 2006 autoeditado What if Someone is Watching Their T.V.? 2007 autoeditado Power Move 2009 Don Giovanni Records Castle Talk 2010 Don Giovanni Records Ugly 2012 Don Giovanni Records Rose Mountain 2015 Don Giovanni Records All at Once 2018 Don Giovanni Records Desire Pathway 2023 Don Giovanni Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Notas
Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 2005