STS-50 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 25 de xuño de 1992 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-50, con sete astronautas a bordo (Richard N. Richards, Kenneth D. Bowersox, Bonnie Dunbar, Ellen Baker, Carl Meade, Lawrence J. DeLucas e Eugene H. Trinh), foi lanzada para facer experimentos no laboratorio USML-1, situado na bodega de carga. Os 31 experimentos aloxados no USML-1 ían desde estudo de materiais a ciencias biolóxicas. O transbordador levaba tamén a bordo os experimentos PMP para o estudo de polímeros e Space Shuttle Amature Radio Experiment-II. Foi tamén a primeira misión de duración estendida dun transbordador espacial e a máis longa ata entón, con 13,81 días en órbita.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 9 de xullo de 1992.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Columbia

Categoría:Programa STS