miniatura|O museo nacional Boubou-Hama, en Níxer, leva o seu nome na súa honra. Boubou Hamar, nado en 1906 en Niamey e finado en 1982, foi un escritor e político nixerino.

Traxectoria Estudou na escola William Ponty, profesor dende 1935, transcribiu epopeas songai en Manta mantaari (1969), ademais de textos hausas, peul, zarmas e bámbaras. Recibiu o Premio Literario da África Negra por Kotia-Nima (1972). Foi presidente da Asemblea Nacional do Níxer entre 1960 e 1974, logo dun golpe de estado permaneceu arrestado un tempo.

Obras Histoire des Songhaï, 1968 (historia) Manta mantaari, 1969 Kotia-Nima, 1972 (novela) Contes et légendes du Niger, 6 vol., 1972-1976

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Níxer Categoría:Políticos de Níxer Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados en Níxer