María de Maeztu Whitney, nada en Gasteiz o 18 de xullo de 1881 e finada en Mar del Plata (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1948, foi unha pedagoga e humanista española. Irmá de Ramiro e Gustavo de Maeztu, dirixiu e impulsou a Residencia de Señoritas entre 1915 e 1936. Amais, formou parte da xunta directora do Instituto-Escuela e presidiu o Lyceum Club Femenino (1926-1936). Morreu no exilio na Arxentina ós 66 anos de idade.

Traxectoria O seu pai foi Manuel de Maeztu Rodríguez, enxeñeiro e terratenente cubano de orixe vasco-navarra. A súa nai foi Juana Whitney y Donè, filla dun diplomático inglés e de orixe francesa por parte materna.​ Establecidos en Vitoria, Manuel de Maeztu trasladouse a Cuba en 1894 para xestionar o seu patrimonio, mais morreu alí ese mesmo ano. Por causa da Guerra de Cuba, o patrimonio familiar viuse seriamente minguado e afectou notabelmente a Juana Whitney e aos cinco fillos, Ramiro, Ángela, Miguel, María e Gustavo. A familia tivo que trasladarse a Bilbao, onde Juana abriu a Academia Anglo-Francesa, especie de "residencia de señoritas". María colaborou nela de xeito activo.

María licenciouse pola Escola Normal de Maxisterio de Vitoria (1896-98). En 1902 comezou a exercer nunha escola pública de Santander. Foi destinada a Bilbao cinco meses despois e a Madrid en 1909. Da su experiencia como mestra chegará a conclusións como a formulada na Universidade de Oviedo máis tarde:

Seguiu mentres a súa formación universitaria. En 1909 matriculouse como alumna non oficial na Universidade de Salamanca e posteriormente en Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras en 1915.

Foi pensionada pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas a partir de 1908. O seu coñecemento de idiomas e espírito fixérona idónea para varios proxectos. Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas Ligazóns externas Biografía de María de Maeztu por Antonina Rodrigo . Documental de RTVE: Mujeres para un siglo - María de Maetzu: la educación . Documental de RTVE: Retratos con alma. Programa 7 . Documental da UNED sobre a Residencia de Estudiantes e a Residencia de Señoritas . La otra mirada - María de Maeztu llega a la Academia RTVE .

Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Pedagogos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Pensionados da JAE Categoría:Membros da Asemblea Nacional Consultiva