Citania: Artes, Letras, Espectáculos foi unha revista creada por Euloxio R. Ruibal no ano 1998 e posteriormente dirixida por el e máis María Antonia Pérez. A súa sede situouse en Santiago de Compostela e publicou un total de catro números até o ano 2003.
Era unha publicación de carácter crítico arredor das disciplinas artísticas do momento e a súa relevancia, enfocándose nas artes gráficas, escénicas e na literatura nas súas diversas variedades. Contou con múltiples colaboradores en cada un dos seus números sendo algúns deles habituais.
A esta revista asóciase á Galería Citania tamén dirixida por Euloxio R.Ruibal. É importante ter en conta que a revista non ten conexión coa Editorial Citania.
Historia Citania, a revista, publicou o seu primeiro número no ano 1998, da man de Euloxio R. Ruibal e María Antonia Pérez. Aínda que non tivo unha gran cantidade de publicacións (só publicou catro números), o seu contido artístico tivo un bo acollemento por parte de moitos autores e artistas que axudaron a creación de contidos e mais publicacións.
Un dos puntos fortes de Citania, a maiores do seu estilo crítico, foi a gran diversidade e variedade das creacións que nela se publicaba, xa que os temas tratados variaban desde críticas centradas no campo da literatura comparada até a publicación de obras de teatro, poesía ou narrativa.
A creación desta revista débese principalmente ao impulso e apoio que deron Euloxio R. Ruibal e María Antonia Pérez, incansábeis activistas que foron os principais promotores da súa creación, aportando a idea e iniciando un achegamento aos escritores do momento.
A intencionalidade da revista nun inicio era poder ofrecer un punto de vista crítico sobre a arte do momento e no cal puideran participar grandes ilustres.
Intencionalidade Citania pode considerarse unha revista cunha gran diversidade en canto a súa temática, principalmente cun punto crítico e científico, mais tamén se consideraba unha revista de entretemento e ocio. Isto comprobase nos diferentes apartados e temáticas que nela encontramos, así como na sección “Artigos” onde hai artigos de opinión crítica por parte dos autores e expertos no tema a tratar. No extremo oposto, están obras de teatro ou unha sección de poesía para que o lector se poida recrear.
Contidos xerais Os catro números da revista teñen unha estrutura similar. Nalgúns números algunhas seccións son substituídas por outras mais a esencia principal da revista non desaparece; no primeiro número hai unha sección exclusiva dedicada a estudios mentres que perdemos a sección de críticas de libros. A estrutura principal da revista que continuará en todas as posteriores son: artigos, creación, crónicas, libros, notas e conversa.
Citania comeza cun aspecto máis xeral para finalizar creando unha estrutura practicamente uniforme na que destacan seccións como o espazo destinado a novas creacións, as crónicas, as críticas de libros... e remata sempre cunha conversa entre persoas de interese cultural e unha sección de notas. Así mesmo, hai en todos os exemplares unha listaxe final de todos os colaboradores que participaron nese número.
Colaboradores A revista contaba cunha serie de colaboradores pertencentes a Universidades tanto de Galiza (Chema Paz Gago da UDC e Alberto Ruíz Samaniego da Universidade de Vigo), como do resto de España (Camilo Fernández de Valdehorras da Universidade de Barcelona e Enrique Herrera da Universidade de Valencia). Tamén contou con participación do estranxeiro como Germán Gullón da Universidade de Ámsterdam e Emmanuel Larraz da Universidade de Provenza.
Por outra banda, a revista contou con colaboradores como Raúl Dans (guionista en RNE e RCE), Sury Sánchez (autora dramática, actriz e profesora de expresión corporal) ou Mario Camus (guionista e director de cine), todos eles colaboradores da revista moi ligados ao mundo artístico.
Revista 1 Estudios Emmanuel Larraz Inmaculada López Silva Alberto Ruíz de Samaniego Juan José Amate Blanco Rosa Vázquez Vicente Araguas
Notas Anxo Abuín
Creación Nélida Piñón Xosé Castro, (Guión: Euloxio R. Ruibal) Eloy Rivera
Crónicas Chema Paz Gago Xosé Coira Nieto Luís Costa Miguel Vázquez Freire
Conversa Entrevista de José Luís Fernández a Helmuth Riling e Maximino Zumalave
Revista 2 Artigos Julio Mirás Lourdes Méndez Pérez X. L. Aneiros Pilar Yagüe Euloxio R. Ruibal
Notas Mª del Carmen Sánchez Carrero
Creación Paulino Pereiro
Crónicas Catalina Mígue Vilas Sury Sánchez Montero Alejandro Alonso Mª Fernández Montes e David García
Libros Marta Palacios Inma López Silva Euloxio R. Ruibal
Conversa Conversa entre: Carlos Almuíña Díaz, Xosé Santiago Allegue e Daniel Beiras García-Sabell (Coordinadora: Mª Antonia Pérez)
Revista 3 Artigos Germán Gullón Jose Luis Fernández García Manuel Oliveira
Notas Pascual López
Creación Arturo Casas Ricardo Martínez Conde Raúl Dans
Crónicas Patricia Fra López Ángela Luís Hueso Sury Sánchez
Libros Inmaculada López Silva Mª Teresa Vilariño Picos Antonio López Silva Cristina Blanco González
Conversa Conversa entre: Camus, González Herrán, Hueso e Fra
Revista 4 Introdución por Ana María Platas
Artigos Miguel Sicart Vila Fernando Redondo José Víctor Carou
Notas Henrique Romero Bustelo
Creación María do Cebreiro Rosa Aneiros Inma López Silva Fernando Paredes Mario Regueira Miriam Sánchez Moreiras
Crónicas Carmen Panero Cefilmus Camilo Valdehorras
Libros Juan Jesús Valverde Moldoveanu, Mihail Enrique Herreras
Conversa Conversa entre: Inma López Silva, Alonso Montero, Salvat e Díaz Pardo
Notas
Véxase tamén Bibliografía Salvador García-Bodaño: Citania artes, letras, espectáculos na Biblioteca Nacional de España. Euloxio Rodríguez Ruibal en galiciadigital.com
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Teatro en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:1998 en Galicia