A mastite ou mamite é un termo médico que se refire á inflamación da glándula mamaria de primates e a ubre noutros mamíferos. Dáse por unha obstrución dos condutos do leite. A mastite pode ser chamado tamén absceso subareolar, ectasia ductal, inflamación periductal ou doenza de Zuska.Trigos Micoló Ignacio, Herrán Motta Fanny Stella, Curiel Valdés José de J. ¿Qué es la enfermedad de Zuska? Cir Plast 2000; 10(2) : 60-64 Denomínase mastite puerperal cando ocorre en nais lactantes e non-puerperal no resto dos casos. A mastite raramente ocorre en homes ou animais machos. Pola súa similitude cos síntomas do cancro de mama, débese excluír un para o diagnóstico do outro.
A mastite é unha condición adoita en medicina veterinario, tomando nese campo, unha definición similar. Xeralmente afecta o gando bovino, causado por unha bacteria, endurecendo as mamilas do animal, do mesmo xeito que a ubre, cortando a subministración de leite e no seu lugar segregando un líquido amarelado e oloroso que a maioría das veces acompáñase de residuos de sangue. É quen de provocar a morte en casos moi severos.
Os microorganismos máis frecuentemente asociados a unha mastite son os estreptococos do grupo B, o Staphylococcus aureus e especies non tuberculosas do xénero Mycobacterium en humanos e o Arcanobacterium pyogenes que produce unha mastite bovina transmitida por moscas.
Epidemioloxía A mastite ocorre entre o 1 e o 3 % das mulleres que aleitan ós seus fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Stauber, Weyerstahl; Gynäkologie und Geburtshilfe; 2nd edition 2005; ISBN 3-13-125342-8 Petersen; Infektionen in Gynäkologie und Geburtshilfe; 4th edition 2003; ISBN 3-13-722904-9 Goerke, Steller, Valet; Klinikleitfaden Gynäkologie Geburtshilfe; 6th edition 2003; ISBN 3-437-22211-2 Lanyi M; Mammography: Diagnosis and Pathological Analysis; 2003; ISBN 3-540-44113-1, ISBN 3-540-43134-9
Categoría:Doenzas