Meyer Guggenheim, nado en Lengnau (Suíza) o 1 de febreiro de 1828 e finado en Palm Beach o 15 de marzo de 1905, foi o patriarca do que se coñeceu como familia Guggenheim.
Traxectoria Naceu en Lengnau, Aargau, en 1828. Era de orixe xudía asquenací e emigrou aos Estados Unidos de América en 1847. Comezou no negocio da importación, pero fixo a súa fortuna e a da súa familia (unha das maiores do século XIX) na minaría e na fundición.
Guggenheim investiu en minas de prata no distrito mineiro de Leadville en Colorado. Da minaría expandiuse na fundición de mineral, tamén en Colorado, e logo construíu unha serie de fundicións polos Estados Unidos e o norte de México. Segundo crecían os seus fillos, asumían papeis de liderado nos negocios da familia.National Mining Hall of Fame, Meyer Guggenheim , consultado o 13 de xaneiro de 2014
Vida privada Dez dos fillos que tiveron Guggenheim e a súa esposa Barbara sobreviviron. Cinco dos sete fillos varóns tiveron funcións importantes no negocio: Isaac Guggenheim (1854–1922) Daniel Guggenheim (1856–1930), xefe da familia trala morte do seu pai, foi o máis activo dos fillos no desenvolvemento e adquisición de intereses mineiros polo mundo Murry Guggenheim (1858–1939), orixinariamente no negocio da importación de encaixes e bordados e en 1881 involucrado na minería Solomon Robert Guggenheim (1861–1949), mecenas da arte moderna mediante a súa fundación e as doazóns ao Museum of Modern Art (John) Simon Guggenheim (1867–1941), senador dos Estados Unidos por Colorado durante unha lexislatura Benjamin Guggenheim (1865–1912), falecido no Titanic William Guggenheim Jeanette Guggenheim Rose Guggenheim Cora Guggenheim Rothschild, casada con Louis Frank Rothschild, fundador de L.F. Rothschild)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Peggy Guggenheim Ligazóns externas National Mining Hall of Fame: Meyer Guggenheim
Categoría:Nados no cantón de Argovia Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1905 Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia suíza Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía