OpenSkies é unha aeroliña transatlántica propiedade de International Airlines Group (IAG), operando baixo a marca Level. A súa sede atópase en Rungis, preto de París.

A aeroliña naceu como unha marca de BA European Limited en xuño de 2008 pero en abril de 2009 o nome foi transferido a Elysair (que operara como L'Avion). A compañía era unha aeroliña de servizos plenos e ofrecía cabinas con tres clases nos seus avións, operando entre o aeroporto de París-Orly en Francia a Newark e Nova York.

OpenSkies cesou as operacións baixo a súa propia marca no verán de 2018 para operar para a nova subsidiaria de baixo custo de IAG Level.

Frota En setembro de 2018 a frota de OpenSkies, que opera baixo a marca Level, está formada polos seguintes avións: +Frota de OpenSkiesAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasWYTotalAirbus A330-2002—21293314Operados por LevelTotal2—

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Francia