Prionailurus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.

Dentro deste xénero inclúense cinco especies, (ou catro, segundo os autores),Prionailurus Severtzov, 1858 no ITIS. de felinos de tamaño e aspecto variábel, que viven nas selvas da India e do Sueste Asiático: o Prionailurus bengalensis, o Prionailurus bengalensis iriomotensisAlgúns autores considérano como unha subespecie de Prionailurus bengalensis). o gato de cabeza chata (Prionailurus planiceps), o gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) e o gato pescador (Prionailurus viverrinus). Este último é o máis coñecido e de distribución máis ampla, así como practicamente o único felino que basea a súa dieta no consumo de peixes.

O estado de conservación de cada unha das especies é dispar, aínda que en xeral pódese dicir que todas están ameazadas nalgunha medida debido á destrución do seu hábitat, que se acelerou nos últimos anos á par que o desenvolvemento urbano e industrial do Sueste Asiático. O gato de cabeza chata chegou mesmo a considerarse extinto en 1985, pero por fortuna foi redescuberto dez anos despois; desde aquela aparece na Lista vermella da UICN como especie en estado crítico.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1858 polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, en Rev. Mag. Zool. Paris, (2), 10: 387, quen asignou como especie tipo a Felis pardochrous Hodgson, 1844.

Porén, este nome era sinónimo de Felis bengalensis Kerr, 1792 (que ten prioridade pola data de descrición).

Etimoloxía O nome científico Prionailurus probalemente derive da unión das voces do grego antigo πρίων príōn, 'serra', relacionada co verbo πρίω príō, 'serrar', 'renxer os dentes', 'trabar', e αἲλουρος aíluros, 'gato'.Ailurus no Merriam-Webster Dictionary.

Especies e subespecies

O xénero está conformado polas seguintes cinco especies, coas subespecies que se indican:Groves, Colin (2005), en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. p. 155. ISBN 0-8018-8221-4.

Prionailurus bengalensis (Kerr, 1792) Prionailurus bengalensis bengalensis (Kerr, 1792) Prionailurus bengalensis alleni Sody, 1949 Prionailurus bengalensis borneoensis Brongersma, 1936 Prionailurus bengalensis chinensis (Gray, 1837) Prionailurus bengalensis euptilurus (Elliot, 1871) Prionailurus bengalensis heaneyi Groves, 1997 Prionailurus bengalensis horsfieldii (Gray, 1842) Prionailurus bengalensis javanensis (Desmarest, 1816) Prionailurus bengalensis rabori Groves, 1997 Prionailurus bengalensis sumatranus (Horsfield, 1821) Prionailurus bengalensis trevelyani Pocock, 1939 Prionailurus iriomotensis Imaizumi, 1967, Prionailurus planiceps (Vigors & Horsfield, 1827) Prionailurus rubiginosus (I. Geoffroy Saint-Hilaire, 1831) Prionailurus rubiginosus rubiginosus (I. Geoffroy Saint-Hilaire, 1831) Prionailurus rubiginosus phillipsi Pocock, 1939 Prionailurus viverrinus (Bennett, 1833)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0. Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2. VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos Carnívoros Feliformes Félidos Felinos Felininos

Ligazóns externas Prionailurus. Asian small cats na ADW. Prionailurus Severtzov, 1858] na EOL. Prionailurus no Tree of Life. Prionailurus no NCBI. Prionailurus na Lista vermalla da UICN.

Categoría:Felinos Categoría:Mamíferos de Asia