Manuel Rodellino Carballo, nado na Coruña en febreiro de 1905 e finado na mesma cidade o 27 de marzo de 1986, foi un zapateiro e sindicalista galego.
Traxectoria Zapateiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por implicación na tentativa de fuga do boniteiro Explorador. Xulgado en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937,La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4. foi condenado á pena de morte. A sentenza foi conmutada. Cumpriu condena na Prisión da Coruña, da que saíu en liberdade condicional en maio de 1943.BOE, 6-6-1943, p. 5460-5463. Finou na Coruña o 27 de marzo de 1986.La Voz de Galicia, 28-3-1986, p. 34. Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes