Valor da lei (título orixinal en inglés True Grit ) é unha película estadounidense dirixida por Henry Hathaway e estreada en 1969. A película estaba baseada no guión adaptado da novela homónima de Charles Portis, publicada en 1968.
Sinopse Un antigo alguacil axuda unha moza a buscar os asasinos do seu pai. Ela, Mattie Ross, é unha moza altiva e de natureza resolta que presenta un aspecto indomábel, traballaba como contadora no rancho de seu pai. É por iso que, cando o seu pai marcha a Fort Smith para mercar cabalos e foi roubado e brutalmente asasinado polo seu capataz, Tom Chaney, a rapaza xura vingarse.
Tras enganar o coronel G. Stonehill, para pór en orde as finanzas do seu pai, Mattie contratou un antigo comisario, agora xubilado, Rooster Cogburn, un home torto e borrachón para axudala a atrapar a Chaney. Outro axente da lei, un Ranger de Texas chamado "La Boeuf", únese a eles na procura do criminal, pois tamén o quere capturar para cobrar unha recompensa por outro asasinato. Os dous homes senten unha aversión mutua entre eles, e comezan a cruzar insultos e discrepan sobre a estratexia a seguir pero Mattie conseguiu facer que colaborasen.
Personaxes
John Wayne: Rooster Cogburn Kim Darby: Mattie Ross Glen Campbell: M. Leboeuf, Ranger de Texas Jeremy Slate: Emmett Quincy Robert Duvall: "Lucky" Ned Pepper Dennis Hopper: Moon Garrett Jeff Corey: Tom Chaney John Doucette: o sheriff ao que Mattie se dirixe cando chega a Fort Smith Hank Worden: o empresario funerario James Westerfield: o xuíz Parker John Fiedler: mestre Daggett
Premios e nomeamentos
Premios
1970: Óscar ao mellor actor por John Wayne 1970: Globo de Ouro ó mellor actor-Drama para John Wayne
Nomeamentos 1970: Oscar á mellor canción orixinal de Elmer Bernstein (música) e Don Black (letra) "True Grit" 1970: Globo de Ouro para a mellor promesa masculina de Glen Campbell 1970: Globo de Ouro para a mellor canción orixinal de Elmer Bernstein (música) e Don Black (letra) "True Grit" 1970: BAFTA á mellor promesa de Kim Darby
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Filmografía en IMDb Foto da película en Allmovie Ficha da película en TCM Ficha da película en FilmAffinity
Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Henry Hathaway Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes rodados en Colorado Categoría:Filmes de 1969 con versión en galego