Voo de noite (en ) é unha novela de 1931 e a segunda novela do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry. Converteuse nun grande éxito internacional e rodouse un filme baseado nel, estreado en 1933.Saint Exupéry: A Biography, Stacy Schiff, pg.210 A súa popularidade, que só medrou por mor dos conflitos das décadas de 1930 e 1940, débese ó seu tema principal, que trata sobre sacrificar as consideracións persoais por unha causa na que un cre.
Foi traducido ó galego por Valentín Arias e foi publicado por Edicións Xerais no ano 1989, na colección Grandes do noso tempo.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1931 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego Categoría:Novelas ambientadas na Arxentina