Doce homes sen piedade (en ) é un filme estadounidense de 1957 dirixido por Sidney Lumet. Adaptado da obra homónima de Reginald Rose,Variety film review; 27 de febreiro de 1957, p. 6.Harrison's Reports film review; 2 de marzo de 1957, páxina 35. é un drama legal que conta a historia dun xurado de doce homes que deliberan sobre a sentenza na base da dúbida razoable, forzando os membros do xurado a cuestionarse sobre a súa propia moral e valores.

En 2007, o filme foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo". O filme foi escollido como o segundo mellor drama legal segundo o American Film Institute na súa lista AFI's 10 Top e é o drama legal con maior valoración en Rotten Tomatoes' Top 100 Movies of All Time.

Estreouse en galego o 23 de decembro de 1995 a través da TVG.La Voz de Galicia, 23 de decembro de 1995. Páx. 83

Personaxes miniatura|245px|Trailer do filme.

Premios Tivo tres candidaturas aos Óscar nas categorías de mellor director, mellor filme e guión adaptado na cerimonia de 1958, onde A ponte sobre o río Kwai levou devanditos premios.

Premio Oso de Ouro e Premio OCIC 1957 (Sidney Lumet). Premio BAFTA 1958 ao mellor actor estranxeiro (Henry Fonda). Premio WGA 1958 ao Drama estadounidense mellor escrito (Reginald Rose). Premio Mención especial 1957 Festival Internacional de Cine de Locarno (Sidney Lumet). Premio Kinema Junpo 1960 á Mellor película estranxeira (Sidney Lumet). Premio Edgar Allan Poe 1958 á Mellor película (Reginald Rose). Premio Nastro d'Argento 1958 ao Mellor director de película estranxeira (Sidney Lumet). Premio Blue Ribbon 1960 á Mellor película estranxeira (Sidney Lumet). Premio Bodil 1960 á Mellor película estadounidense e ao Mellor director (Sidney Lumet). Premio Jussi 1958 ao Mellor actor estranxeiro (Henry Fonda).

Recoñecementos A película é recoñecida polo American Filme Institute nestas listas:

2001: AFI's 100 anos... 100 películas de suspense – #88 2003: AFI's 100 anos... 100 heroes e viláns: Xurado N. 8 – Heroe #28 2006: AFI's 100 anos... 100 inspiracións – #42 2006: AFI's 100 anos... 100 películas (edición 10.º aniversario) – #87 2006: AFI's 10 Top 10 "Películas xurídicas" – #22

Comentarios O autor baséase nunhas testemuñas durante un proceso de deliberación, convocados a fin de tomar unha sabia decisión sobre o caso. Un punto importante que hai que subliñar é a dificultade que mostran para poder deliberar correctamente, debido ás distintas limitacións e prexuízos, algúns psicolóxicos, outros educativos, outros de orde lóxica, etc. O xulgar en Dereito está suposto a ser lóxico, pero ten que ser argumentado para ser veraz nos feitos. Neste caso, o xurado identificado có número 8 pon todo en dúbida e logra entre os demais xurados escépticos dubidar sobre a inocencia do mozo.

Ao xulgar a alguén ten que presumirse a súa inocencia. Toda dedución debe ser comprobada como veraz para evitar que un inocente sexa condenado ou un culpable exonerado da súa culpa.

Algo notable que ocorre é por que estes doce homes están tan "enfadados" (Twelve Angry Men). A resposta radica en que están angustiados. A angustia é a reacción xeral fronte á agresión psicolóxica. En xeral, consideramos que todo aquel que argumenta en contra da nosa opinión está a agredirnos. A película leva a reflexionar se a toma de decisións é un proceso racional ou irracional. Cabe destacar que a actitude dun xurado ante a implicación en calquera caso debería ser o máis racional e obxectiva posible. Na película isto vese reflectido en certas persoas, como no caso do xurado número 8. Como exemplos de abordaxes irracionais están o xurados número 3 e número 7.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Making Movies, por Sidney Lumet. (c) 1995,

The New York Times, abril 15, 1957, "12 Angry Men", review by A. H. Weiler Readings on Twelve Angry Men, by Russ Munyan, Greenhaven Press, 2000, Chandler, David. "The Transmission model of communication" Communication as Perspective Theory. Sage publications. Ohio University, 2005. Lanham, Richard. Introduction: The Domain of Style analyzing prose. (Nova York, NY: Continuum, 2003)

Categoría:Filmes de 1957 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sidney Lumet Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro Categoría:Filmes de 1957 con versión en galego