Francesca Haig, nada en Tasmania o 19 de xullo de 1981, é unha escritora australiana.

Traxectoria

Creceu en Hobart. Estudou no instituto de Fahan e graduouse en escritura creativa pola Universidade de Melbourne, na que traballou como profesora e na que se doutorou. É profesora de Filoloxía Inglesa e Escritura Creativa na Universidade de Chester. Vive en Londres co seu marido e o seu fillo.

A súa área de investigación é a ética e a poética na novela histórica moderna, e está especializada en literatura do Holocausto. Publicou artigos de temática diversa, desde a pseudociencia a William Shakespeare.

A súa poesía apareceu publicada en revistas literarias e antoloxías en Australia e Inglaterra, como Overland, Famous Reporter e Blue Dog. En 2006 publicou o seu primeiro poemario, Bodies of Water, finalista do Premio Anne Elder2006 National Literary Awards Results p. 2.. Participou en numerosos foros de poesía, festivais e conferencias.

En 2015 publicou a novela distópica The Fire Sermon, primeira da serie epónima post-apocalíptica.

Obra

Serie The Fire Sermon The Fire Sermon (2015) The Map of Bones (2016) The Forever Ship (2017)

Poesía Bodies of Water (2006)

Relatos The Day the Words Took Shape (2014)

Notas

Véxase tamén

www.francescahaig.com .

Categoría:Nados en Tasmania Categoría:Nados en 1981 Categoría:Escritores de Australia Categoría:Alumnos da Universidade de Melbourne Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Poetas de Australia Categoría:Poetas en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes