Edith Joan Lyttelton, nada en Epping (Tasmania) o 18 de decembro de 1873 e finada en Londres o 10 de marzo de 1945, foi unha escritora de Australasia, coñecida co pseudónimo literario de G. B. Lancaster.

Traxectoria

Naceu en Clyne Vale, unha granxa familiar de ovellas. En 1879 a súa familia mudouse a outra granxa en Rakaia, Canterbury (Nova Zelandia). Foi a autora máis lida no seu país a comezos do século XX. Escribiu sobre a formación da identidade colonial e o legado do imperialismo nas vidas dos colonos e os seus descendentes. Os seus escenarios foron Australia, Canadá e Nova Zelandia. Foi influenciada por Rudyard Kipling e Robert Louis Stevenson.

En 1909 mudouse de Nova Zelandia a Londres. O seu primeiro grande éxito foi The Law-bringers (1913), levada ao cinema en Hollywood co título de The Altar Stairs. Pageant (1933) estivo nas listas das obras máis vendidas nos Estados Unidos, e con esta obra gañou a Medalla de Ouro da Australian Literary Society.

Novelas Sons O' Man (1904) The Spur to Smite (1905) The Tracks We Tread (1907) The Altar Stairs (1907) Jim of the Ranges (1910) The Honorable Peggy (1911) The Law-Bringers (1913) Food Divine (1917) The Savignys (1918) Pageant (1933) The World is Yours (1933) Promenade (1938) Grand Parade (1943)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Escritores de Nova Zelandia Categoría:Nados en Tasmania Categoría:Escritores en lingua inglesa