Ida Kamińska, nada en Odesa o 18 de setembro de 1899 e finada en Nova York o 21 de maio de 1980, foi unha actriz e directora polaca xudía. Coñecida principalmente polo seu traballo no teatro, era filla de Ester Rachel Kamińska, que foi chamada "Nai da Escena Xudía". O Teatro Xudeu de Varsovia recibe o seu nome.
Durante a súa longa carreira, Kamińska produciu máis de setenta obras e interpretou máis de 150 producións. Tamén escribiu dúas obras e traduciu moitas obras ao yiddish. A segunda guerra mundial interrompeu a súa carreira, e logo emigrou aos Estados Unidos para continuar a actuar. En 1967 dirixiuse no papel principal de Nai Coraxe e mais os seus fillos en Broadway."Ida Kaminska, director". Playbill.com. Consultado o 13 de decembro de 2016. En 1973, publicou a súa autobiografía, titulada My Life, My Theater.Ida Kaminska at Amazon consultado o 12 de setembro de 2016
Protagonizou o filme de 1965 Obchod na korze, que gañou o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Pola súa interpretación recibiu unha mención especial do Festival de Cannes, ademais de candidaturas ao Globo de Ouro e ao Óscar á mellor actriz.
Traxectoria Primeiros anos e carreira Kamińska naceu en Odesa, Imperio Ruso, actual Ucraína, filla da actriz teatral yiddish Ester Rachel Kamińska (1870–1925) e do actor, director e produtor teatral Abraham Kaminsky (1867–1918). A súa irmá foi a tamén actriz Regina Kamińska e o seu irmán o compositor Joseph Kaminski. A súa nai foi descrita como a "Eleanor Duse xudía".Jewish womens acrhive Consultado o 9 de decembro de 2016 miniatura|150px|esquerda|Tumba de Ester Rachel Kamińska, nai de Ida. Ida Kamińska comezou a súa carreira teatral aos seis anos de idade. Un dos seus primeiros papeis foi na obra de Jakob Gordin Mirele Efros, como neta da protagonista, que estaba interpretada pola súa nai.Steinlauf, Michael C. (17 de agosto de 2010). "Kaminski Family." YIVO Encyclopedia of Jews in Eastern Europe. Consultado o 21 de xuño de 2015. Actuou tanto en traxedias como en comedias, ademais de dirixir obras na compañía do seu pai cando tiña dezaoito anos.Morgan, Barbara (2002). "Kaminska, Ida (1899–1980)." Women in World History: A Biographical Encyclopedia. Ed. Anne Commire. Vol. 8. Detroit: Yorkin Publications. p. 431-434.
En 1918 casou co actor e director yiddish Zygmunt Turkow (1896-1970), membro da compañía dos seus pais. Ela e Turkow tiveron unha filla, Ruth Kamińska-Turkow, que naceu en 1919. Despois dunha xira de tres anos do teatro Kamiński na Unión Soviética, a parella estableceuse en Varsovia, e xuntos estableceron o Teatro de Arte Xudía de Varsovia, en 1922, con Ida Kamińska como actriz principal. Divorciáronse en 1932 e o mesmo ano Kamińska organizou a súa propia compañía en Varsovia, o Teatro Dramático de Ida Kamińska, que continuou a dirixir ata 1939. En xullo de 1936 Kamińska casou co actor yiddish Marian (Meir) Melman (1900-1978).
En outubro de 1939, no principio da segunda guerra mundial, Kamińska e membros da súa familia, incluídos o seu marido, Melman, e a súa filla, Ruth, voaron a Lwów (Ucraína), que estaba baixo a ocupación soviética. Alí puido dirixir o teatro yiddish fundado polas autoridades soviéticas. Ela e a súa familia establecéronse cuns amigos. Posteriormente emigraron a varias localidades da Unión Soviética, acabando na República Socialista Soviética de Kirguizistán. O seu fillo Victor naceu en Frunze en outono de 1941. En 1944 chegaron a Moscova, onde Kamińska actuou de novo en producións yiddish.
Carreira de posguerra Trala guerra, Kamińska e a súa familia volveron a Varsovia. A poboación xudía polaca fora decimada no holocausto. Non obstante, Kamińska e Melman tomaron a decisión de tratar de restablecer o teatro xudeu. Un teatro yiddish foi reaberto en Varsovia en novembro de 1946. En 1949 o goberno polaco garantiu un subsidio para o establecemento do Teatro Estatal Xudeu de Polonia, no que Kamińska foi directora artística. Na primeira parte da súa existencia, o teatro xirou polas cidades de Łódź (1949-1953) e Wrocław (1953-1955). En 1955 estableceuse permanentemente en Varsovia, como o Teatro Estatal Xudeu, que despois recibiu o nome de Ida e a súa nai (Teatro Estatal Xudeu Ester Rachel Kamińska e Ida Kamińska). Ida Kamińska continuou a dirixir o teatro ata 1968. miniatura|150px|Placa en Varsovia, honrado o lugar onde traballou Kamińska. En 1957, foi de xira a Israel por primeira vez, actuando para a primeira ministra Golda Meir. En 1965, interpretou a Mrs. Lautmann no filme checoslovaco Obchod na korze, dirixido por Ján Kadár e Elmar Klos, polo que logrou unha candidatura ao Óscar á mellor actriz na 39ª edición dos Óscar.
En protesta contra a campaña antisemita do goberno durante os sucesos de marzo de 1968 abandonou Polonia para sempre en xullo de 1968, primeiro a Israel e finalmente a Nova York.
O seu último papel foi en The Angel Levine (1970), dirixido por Ján Kadár.
Falecemento Ida Kamińska faleceu dunha enfermidade cardiovascular en 1980, aos 80 anos. O seu marido, Meir Melman, morrera en 1978."Ida Kaminska dead at 80" (23 de maio de 1980). Jewish Telegraphic Agency. Consultado o 20 de xuño de 2015. Foi enterrada na sección do teatro yiddidh do cemiterio Mount Hebron en Flushing, Nova York.
Legado En 2014, o Teatro Xudeu de Varsovia realizou unha exposición especial na súa honra. A exposición incluía vestidos levados por Kamińska, ademais de fotografías e recordos da súa carreira."Wystawa pamięci Idy Kamińskiej w Teatrze Żydowskim w Warszawie " (18 de setembro de 2014). Artigo de tributo a Kaminska. Gazeta Wyborcza. wyborcza.pl. Consultado o 16 de decembro de 2016.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ida Kamińska and Meir Melman papers at the YIVO Archives Friends of Ida Kamińska Theatre Foundation archives at the American Jewish Historical Society
Categoría:Nados en Odesa Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Actores de Polonia