Mouna-Hodan Ahmed ou Mouna-Hodan Ahmed Ismail, nada en 1972, é unha profesora e escritora francófona djibutiana.
Traxectoria
Nada nunha familia de cinco fillos e fillas, estudou primaria e secundaria en Djibouti antes de continuar os estudos superiores en Francia. Regresou ao seu país como mestra de lingua francesa.
A súa primeira novela, Les Enfants du khat, foi publicada en 2002. Describe a vida dunha rapaza djibutiana, filla máis vella dunha familia na que o pai é adicto ao qat e é a nai a que traballa para alimentar a prole.
Notass
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Djibuti Categoría:Escritores de Djibuti Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Personalidades sen imaxes