Guayabal de Síquima é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Magdalena Centro. Atópase a 69 km ó oeste de Bogotá, no sector noroccidental do departamento. O concello é coñecido como a Porta de Ouro do Magdalena Centro.
Atópase nunha vertente occidental da Cordilleira Oriental, a cal se caracteriza por ter unha parte crebada, localizada no leste do río Magdalena.
Límites Guayabal de Síquima limita polo nordeste con Villeta e Albán, polo oeste con Bituima, polo sur con Anolaima e polo leste con Albán.
Toponimia O topónimo Guayabal foi tomado do sitio onde se levanta, e o topónimo Síquima ten a súa orixe no segundo do cacique destas terras, cuxo significado etimolóxico é «o voso regato», sendo un dos caciques máis poderosos na rexión panche.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca