Xoán II de Francia chamado: "o Bo", nado en Le Mans o 26 de abril de 1319 e finado en Londres o 8 de abril de 1364, foi conde de Anjou e Maine e duque de Normandía (1332 - 1350) e rei de Francia (1350 -1364).
Traxectoria Naceu en 1319, era o segundo fillo, pero o primeiro varón, do rei Filipe VI de Francia e a súa primeira muller, Xoana de Borgoña. Era neto por liña paterna de Carlos I de Valois e Margarida de Anjou, e pola liña materna de Roberto II de Borgoña e de Inés de Francia.
Casou o 6 de agosto de 1332 en Melun con Bonna de Luxemburgo, filla do conde Xoán I de Luxemburgo e Isabel de Bohemia. Desta unión naceron:
A princesa Branca de Francia (1336). O príncipe Carlos V de Francia (1337 - 1380), rei de Francia. A princesa Catarina de Francia (1338). O príncipe Lois I de Anjou (1339 - 1384), rei de Nápoles e conde da Provenza. O príncipe Xoán de Francia (1340 - 1416), duque de Berry. O príncipe Filipe o Temerario (1342 - 1404), duque de Borgoña. A princesa Xoana de Valois (1343 - 1373), casada en 1353 co rei Carlos II de Navarra. A princesa María de Valois (1344 - 1404), casada en 1364 co duque Roberto I de Bar. A princesa Inés de Francia (1345 - 1349). A princesa Margarida de Francia (1347 - 1352). A princesa Isabel de Francia (1348 - 1372), casada en 1360 co duque Xoán I de Visconti.
O 19 de febreiro de 1349 casou, en segundas nupcias, en Nanterre, coa condesa Xoana de Auvernia, filla de Guillerme XII de Auvernia e Margarida de Évreux . Desta unión naceron:
A princesa Branca de Francia (1350). A princesa Catarina de Francia (1352 - 1352). un neno sen nome (1354).
Ascenso ao trono e conflitos Foi coroado rei de Francia o 26 de agosto de 1350 na catedral de Reims.
Desvalorizou a moeda francesa para obter os fondos necesarios para facer fronte aos gastos franceses na Guerra dos Cen Anos. Ademais de se enfrontar ao rei inglés, tamén se enfrontou constantemente con Carlos II de Navarra.
Loitando contra o príncipe negro, fillo de Eduardo III de Inglaterra, foi capturado e feito prisioneiro na batalla de Poitiers en 1356. Foi enviado a Londres, onde foi encerrado na Torre. En 1360, tras a paz de Bretigny, regresou a Francia co compromiso de pagar un prezo elevado pola súa liberación. Dado que non conseguiu obter a cantidade solicitada, foi de novo preso e deportado a Inglaterra, onde morreu en 1364.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
,
Ligazóns externas
Categoría:Casa de Valois Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados en 1319 Categoría:Finados en 1364 Categoría:Nados no departamento de Sarthe Categoría:Duques de Normandía