San Capitón foi un bispo cristián do século IV, martirizado no Quersoneso e venerado pola Igrexa católica e pola Igrexa ortodoxa. Segundo a tradición local galega, foi tamén o primeiro bispo de Lugo.

Tradición Segundo a tradición local galega, Capitón sería un discípulo do apóstolo Santiago, elixido por este para ser primeiro bispo de Lugo. A iconografía galega representa ao santo envolto en chamas, seica como martirizado queimado vivo.Dita iconografía, porén, podería facer referencia ao milagre do santo recollido pola tradición grega.

Segundo a tradición grega recollida por diversas fontes, Capitón sería un bispo do século IV enviado polo bispo de Xerusalén para evanxelizar os escitas da península de Crimea; os escitas querían unha proba da autenticidade da súa predicación, e lle pediron que entrase nun forno ardente, do que saíu indemne. Tempo despois, un 21 de decembro, sería afogado no río Dniéper por un grupo de pagáns:

Autenticidade 300px|miniatura|dereita|Icona do século XVII representandos aos bispos mártires do Quersoneso. San Capitón é o terceiro pola esquerda. Os martiroloxios recollen un bispo mártir chamado «Capitón», mais localizan o seu martirio no Quersoneso. A obra España sagrada de Enrique Flórez rexeita que o santo bispo mártir Capitón fose en realidade bispo de Lugo. Esta é tamén a postura de Vicente Risco, de Ramón Otero Pedrayo, de Amador López Valcárcel, de Vicente de la Fuente, e de Antolín López Peláez:

Da tradición grega que sostén a presenza dun bispo chamado «Capitón» existen, porén, restos arqueolóxicos que proban unha veneración xa antiga no Quersoneso da figura deste bispo:

Culto miniatura|dereita|Cadeirado do coro da catedral lucense. San Capitón aparece representado na primeira das imaxes pola esquerda da ringleira superior. A última edición do Martiroloxio Romano daba como data para a festa do bispo mártir Capitón o 7 de marzo, estabelecendo para a Igrexa latina a mesma data que a das igrexas católicas orientais:

Esta data do 7 de marzo é común coa data na que a Igrexa ortodoxa celebra estes santos. No calendario particular da diocese de Lugo a súa festa, memoria libre, é no 4 de marzo; deste xeito continúase a tradición dos martiroloxios anteriores, que daban a súa festa no 4 de marzo:

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Diocese católica latina de Lugo Mártires do Quersoneso

Ligazóns externas

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos da ortodoxia Categoría:Santos de Galicia Categoría:Mártires Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Bispos da diocese de Lugo