Antonio Fernández Seoane, nado en Vilafranca do Bierzo cara a 1902 e finado en Tui o 28 de xullo de 1936, foi un xastre e político español.

Traxectoria Xastre instalado en Tui. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao exército sublevado, encargándose de revisar en automóbil as frontes da vila, do Porriño, da Guarda e de Baiona. Cando os sublevados tomaron Tui fuxiu ao monte Aloia. Froito dos enfrontamentos coas columnas do exército dedicadas á súa persecución, foi abatido o 28 de xullo con Joaquín Azurmendi Alonso e José e Emilio Costas Fernández.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilafranca do Bierzo Categoría:Finados en 1936