Germaine Kouméalo Anaté, nada en Kazaboua (Sotouboua) o 15 de xuño de 1968, é unha escritora, investigadora e política togolesa. En 2013 foi nomeada ministra de Comunicación, Cultura, Artes e Formación Cívica no goberno de Kwesi Ahoomey-Zunu.
Traxectoria
Doutorouse en Ciencias da información e da comunicación pola Universidade Bordeos III en Francia. É docente e investigadora na Universidade de Lomé e na Universidade de Kara.
Presidente da Asociación de Escritores de Togo (AET), é autora de numerosas obras.
Obras Frontières du jour (relatos, 2004) Le regard de la source (novela, 2005) L’écrit du silence (poesía, 2006) Souffle court (poesía, 2012; prefacio de Tanella Boni)
Recoñecementos Nomeada para o premio Femme Leader 2012Le Libéral nº 116, 27 de marzo de 2013, páx. 5.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Goberno de Togo (Ahoomey-Zunu) Bibliografía, na web da Universidade de Australia Occidental.
Categoría:Nados en Togo Categoría:Escritores de Togo Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Políticos de Togo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Bordeos III