O regalo do César (en ) é o vixésimo primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración), e publicado orixinalmente en 1974. Foi o primeiro álbum de Astérix que non foi publicado de forma serializada na revista Pilote antes da súa publicación en formato de libro.

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado por Grijalbo Dargaud en 1988.

Sinopse A historia comeza en Roma, durante a festa de licenza do lexionario Badebrutus despois de 20 anos de servizo no exército. Totalmente bébedo, insulta Xulio César e el ofrécelle como agasallo de licenza a famosa aldea de irredutíbeis galos. Durante outra borracheira, cambia o regalo por unhas copas de viño con Ortoédix, un hostaleiro. Entón, el e a súa familia queren tomar posesión do seu novo patrimonio.

Notas

Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1974 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego