A gran travesía (en ) é o vixésimo segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración), e publicado orixinalmente no ano 1975. En 1994, estreouse o filme animado Astérix en América, baseado nesta historia.
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.
Sinopse Astérix e Obélix saen pescar peixe fresco para o druída Panorámix, xa que é un ingrediente esencial para a apócema máxica. No medio do mar, unha treboada lévaos lonxe da Galia, até que atopan unha terra descoñecida poboada per unha tribo estraña e per uns paxaros ós que chaman "gluglú" (pavos). Un tempo despois, un explorador viquingo chega a esta terra nova.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Astérix en América, filme de animación de 1994 baseado no álbum.
Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1975 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego