Julio Casal Muñoz, nado na Coruña en maio de 1917 e finado en Montevideo en 1971, foi un escritor uruguaio.

Traxectoria Fillo do poeta Julio José Casal e María Concepción Muñoz, naceu na Coruña en maio de 1917,La Voz de Galicia, 13-5-1917, p. 5. onde Casal desempeñaba un cargo diplomático. Estudou o bacharelato no liceo José Enrique Rodó, e comezou a carreira de medicina na Universidade da República que non abandonou para dedicarse á docencia. Foi profesor de psicoloxía e filosofía na ensinanza superior. Formou parte dos consellos directivos do Centro Proteo de Estudios Libres e do centro literario-filosófico Arca del Sur.

Publicou textos en xornais uruguaios e na revista Alfar co pseudónimo Heráclito. Foi director da Biblioteca Publicitaria de Alfar. Foi premiado polo Ministerio de Educación e Cultura do Uruguai polas súas obras La expresión inmóvil (1946) e Ser y muerte (1950).

Foi recoñecido por institucións e academias de Europa e América, e recibiu o título de Doutor en letras, en filosofía e honoris causa polos seus traballos filosóficos e literarios.

Obras

Wikidata Nome Data de publicación Texto completo Q63457115 La expresión inmóvil 1946 http://autores.uy/obra/15647 Q63463314 Filosofía griega 1948 http://autores.uy/obra/15712 Q63463312 Memoria viva 1949 Q63463316 Filosofía cristiana 1949 Q63463634 Ser y muerte 1950 http://autores.uy/obra/15673 Q63463632 Poética de lo absoluto 1952 http://autores.uy/obra/15707 Q63465883 Meditaciones y recuerdos 1955 http://autores.uy/obra/15705 Q63465885 Trascendencia del pensamiento de Vaz Ferreira / Crísis del espíritu 1955 http://autores.uy/obra/15711 Q63465890 Fundamentos filosóficos de la democracia 1955 http://autores.uy/obra/15646 Q63484413 Heráclito y el pensamiento metafísico 1958 http://autores.uy/obra/15667 Q63484414 Poemas del atardecer 1963 http://autores.uy/obra/15706 Q63484415 Poemes du crepuscule 1964 Q63484416 Marjal 1965 Q63484417 La juventud y la crísis de los valores 1970 https://autores.uy/obra/15713 Q63484411 El pensamiento social de Rousseau

Vida persoal

Irmán de Selva, Antonio e Marynés Casal Muñoz, que tamén se dedicaron a literatura. Notas

Véxase tamén

Categoría:Escritores do Uruguai Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1971

Categoría:Wikipedia:Páxinas que toman datos de Wikidata