De catro a catro. Follas sin data d'un diario d'abordo é un libro de poesía de Manuel Antonio publicado en marzo de 1928 pola Editorial Nós. É a única obra que o autor publicou en vida, e está considerado a súa obra por excelencia. Son 19 poemas que reflicten unha travesía marítima, desde Intencións ata Adeus, dominada polo estatismo e a quietude, sen avance temporal nin espacial. Na paisaxe predominan os astros e o horizonte nun ambiente nocturno, negativo. A estética é vangardista, creacionista, e o vocabulario é mariñeiro e técnico-culto. O tema central é a soidade do eu, moi ben expresada en Sos, o poema central deste libro considerado o poemario capital da vangarda galega.
Características miniatura|page=2|Texto íntegro, en PDF. De catro a catro é o primeiro poemario integramente vangardista, en concreto creacionista, da literatura galega. Por mor disto, De catro a catro converteuse nun fito literario pois achega unha poética diferente daqueloutra que consagraba as formas e contidos tradicionais, marcando un antes e un despois na historia da literatura galega.
Desde a propia perspectiva das vangardas, véñense citando no libro as influencias de autores como Vicente Huidobro ou Pierre Reverdy. En boa medida, é posible subliñar a presenza dun texto fundamental nas concepcións poéticas de Manuel Antonio: trátase do libro titulado La poésie d´aujourd´hui, un nouvel état d´intelligence (1921), de Jean Epstein, que o poeta rianxeiro traduciu —ou comezou a traducir— ao galego. A procura do "novo" —para alén de toda estética—, o traballo intelectual por parte do lector, a ruptura da lóxica e a supresión da secuencia espazo-temporal son elementos definidos por Epstein e que Manuel Antonio soubo incorporar no seu traballo.
Doutra parte, De catro a catro mostra igualmente un proceso de traballo da linguaxe excepcional: a capacidade por incorporar o léxico mariñeiro —mesmo dialectal— a un discurso onde, ao tempo, figuran anglicismos, xermanismos... a presenza dunha linguaxe técnica, infrecuente na arte poética, dan boa medida do afán de preocupación formal por parte de Manuel Antonio.
Estrutura O libro consta de dezanove poemas que foron escritos nos anos 1926 e 1927 cando o rianxeiro, embarcado no pailebote Constantino Candeira,"Carta de Candeira Hermanos a Sanjurjo Badía (8-IX-1906)" Real Academia Galega. percorreu as augas do mar Mediterráneo e presenta, polo mesmo, un fío común experiencial que se fai patente no subtítulo Follas sen data dun diario de abordo e na estrutura da obra, xa que os poemas están circunscritos a un ámbito que se abre mediante o primeiro texto, "Intencións" (en que Manuel Antonio soña co que acontecerá nas futuras singraduras), e un último, "Adeus", en que se despide do Constantino Candeira. Esta idea veríase reforzada por unha serie de poemas que marcarían os puntos da travesía: Travesía, Recala, Navy Bar, Garda de 12 a 4.
Tema O tema central sería a soidade do suxeito (o “eu” e o “nós”), unha soidade no espazo (o mar) e no tempo (eternizado e repetido). O actor suxeito abandona o mundo coñecido e protector da beiramar, ao que volverá ao rematar a navegación, a travesía achégalle un conxunto de experiencias nun mundo novo que debe descifrar.
O suxeito tenta saír desa situación pero nunca o dá conseguido. Este aspecto repítese en diferentes motivos: a nostalxia, a saudade, a despedida, o abandono, a carencia, o fracaso, o suicidio, a morte.
As palabras clave no libro son Mar - aparece 20 veces-, vela/s -15 veces-, mesmo/a -14-, sol -11-, estrela/s -11-, ronsel- 9-, mariñeiro -7-, barco -7-, adeus -7-, sempre -5-, velamio -4-, naufraxo -4-.
O barco é o “eu” do poeta, identifícase con el, é o símbolo nuclear e pode deixar paso á tripulación, o “nós”. A navegación, a travesía, a singradura son a vida que avanza. Ademais na maioría dos poemas está a noite coa contemplación do seu mundo astral: a Lúa e as estrelas. Falta o Sol, que é a vida e o dinamismo; e aboia a frustración, a soidade, o estatismo, o naufraxio nocturno.
Tamén é importante o vento, se está presente move as velas e hai dinamismo, se está ausente predominan a quietude e o estatismo.
Tempo e espazo Tempo e espazo van sempre xuntos nos poemas, constrúense sobre a negación da travesía e do avance temporal, 14 veces se repite a palabra mesmo.
Ao observar os tempos verbais vese que hai unha mestura de tempos, o que provoca que non haxa progresión nin cronoloxía. Tampouco abundan os adverbios temporais que sinalen o avance. É de día ou de noite, predomina o ambiente nocturno que recalca o abandono e a soidade. Son diferentes momentos que se repiten, circulares.
O espazo é o Mar (en maiúsculas, a palabra tema) e tamén o barco, máis concretamente a mar aberto, lonxe da terra. Nalgún momento achégase a terra, o que tampouco trae nada novo, é outra ilusión fanada. En 1928 escribiu Xosé Otero Espasandín na revista Nós: De catro a catro é a rebelión dun mar non visto aínda por ninguén. Un mar puro sen ribeiras nin costas, perdido entre as constelacións. En 1975 Ricardo Carballo Calero escribía O tema é o mar, un mar visto cunha óptica desrealizadora que o fantasmagoriza. É un mar preferentemente noiturno, sobre o que paira un ceo escintilante de estrelas. Mais estas mariñas intertrocan olas e nubes, mastros e astros, nunha anxélica confusión. Este mar que pretende mostrar o autor está lonxe da contemplación tranquila da paisaxe mareira . É un espazo á vez infinito e pechado en si mesmo porque os termos que indican luz e a mobilidade están coutados polos verbos: fenestras pechadas, puntos cardinais desviados, arroaces desorientados. Ademais os adxectivos negativos reforzan esta idea: frustrado, desarborada, abolidos, defraudados.
Mar e terra opóñense entre si. A terra é estatismo, seguridade e protección materna . O mar é dinamismo, aventura, singradura. O poeta parte no primeiro poema (“intencións”) e regresa no último (“adeus”). Mais sen espazo e sen tempo todo quedou en silencio e soidade (cada un dentro da súa alta mar) e a travesía non foi máis ca un continuo naufraxio.
Vangardismo A principal pegada vangardista no libro é o creacionismo. Tamén hai algúns trazos que o apartan do vangardismo: restos de rima nalgúns poemas, presenza do suxeito poético anulando o distanciamento entre o obxecto poético e o suxeito lírico, e a paisaxe que reflicte os sentimentos do autor.
As imaxes son o principal elemento vangardista, imaxes creacionistas que" crean" unha nova realidade e baseadas ás veces na prosopopea. A continua xustaposición de imaxes aséntase na ruptura da orde cronolóxica presentando a realidade desde diferentes puntos de vista e fragmentando a perspectiva.
Tamén é vangardista a disposición gráfica con espazos en branco, trazos e sangrías. Outro dos elementos modernos e rompedores é o léxico utilizado nos poemas: estranxeirismos, léxico culto técnico, léxico específico dos mariñeiros. O mesmo podemos dicir dunha das armas destrutivas das vangardas, a ironía, que Manuel Antonio emprega en varios poemas. E o máis importante, a supresión da secuencia espazo-temporal e a cadea lóxica.
De catro a catro converteuse no poemario máis emblemático da vangarda galega polo que supuña naquel momento de renovación poética e de asimilación do espírito vangardista aínda que o individualismo de Manuel Antonio o encamiña cara a unha lectura humanizadora.
Análise miniatura|O pailebote Constantino Candeira en 1918, nel estivo embarcado Manuel Antonio en 1926 e 1927.Saa González, Ignacio (2014/11/10). Constantino Candeira. Porto de Camposancos (Río Miño). O profesor Manuel Castelao explicou amplamente todos os poemas deste libro.
Título
De catro a catro pode interpretarse como calquera destas tres opcións ou mesmo como as tres á vez: 4 é o número dos puntos cardeais, das mareas, das estacións do ano (que teñen que ver co mar) Pode ser o horario das gardas mariñas de 12 horas de traballo e 12 de lecer (sempre igual, monotonía): de 4 a 4 De 4 a 4, sempre o mesmo, idea circular, inmóbil
Subtítulo
Follas sen data dun diario de abordo: unha bitácora, un diario de navegación. Mais os poemas están moi lonxe de seren unha tradicional bitácora que recolle as incidencias da travesía, da navegación. Non está recollida a vida do mariñeiro nin os seus traballos, nin a singradura —só unha vez aparece Vigo—.
Cada poema é unha sucesión de imaxes vangardistas partindo da paisaxe e elementos do mar, dun mar que ten que ser interpretado polo lector.
Son follas soltas, sen datar, repetidas, que valen para calquera día. Ao longo do libro repite varias veces a palabra “follas” porque son escritos, literatura. miniatura|"Intencións". Intencións
O poema é un resumo do libro, as intencións e as ilusións que a travesía marítima lle deparan ao poeta. Por iso os verbos dos primeiros versos de cada estrofa están en futuro.
O ton xeral do poema é ambiguo, pode interpretarse como ilusionante (o que depara o futuro) ou decepcionante. O ambiente é nocturno como na maioría do libro e predomina a adxectivación negativa.
Nesta travesía, os poemas do libro, o atormentado corazón do poeta tentará agarrarse á ilusión:
E cazarémo-la velasobre o torso rebelde das tormentaspra trincar a escota dunha ilusión.
Achégase á vangarda na xustaposición de imaxes, na técnica creacionista, no léxico extrapoético, mariñeiro e técnico; na ausencia de ritmo, no ton prosaico, a ausencia de signos de puntuación e a disposición gráfica. Achégase á tradición poética na presenza do suxeito poético, nos restos de rima, nas imaxes ligadas á realidade. Texto completo e explicacións
A fragata vella miniatura|"Vella fragata" (despois "A fragata vella") foi publicada (con algúns erros) en Galicia, diario de Vigo o 25/7/1926. No segundo poema o protagonista é o barco veleiro que vai acompañar o poeta na travesía, outra vez se identifica co barco e diríxese a el cun ti apelativo. Mais xa é un barco vello, o tempo que pasa, os “vellos mariñeiros”. Na fragata está todo o pasado, é onde navegan os seus sentimentos.
No poema anterior predominaban os futuros, neste os presentes-pasados-presentes.
Na última estrofa é clara a identificación do poeta co barco:
Nese teu corazón innumerábel tamén enchen e devalanas mareas do meu corazón
O poema achégase á vangarda coas imaxes vangardistas xustapostas, o léxico extrapoético, mariñeiro e culto, a ausencia de ritmo, o ton prosaico, a falta de signos de puntuación e a disposición gráfica. Son restos máis tradicionais: a presenza do suxeito poético eu, os restos de rima e as imaxes ligadas á realidade. Texto completo e explicacións
Travesía
Despois das intencións e do veleiro, a protagonista é a travesía, a viaxe marítima do poeta. Esta travesía vaise identificar coa propia vida do poeta e vai ser repetitiva e cíclica porque todos os días son iguais, nada varía e o Mar, a costa son sempre o mesmo e róubannos a posibilidade de evadirnos.
Mais o mar e a costa desapareceron e o barco queda nunha navegación baleira e inédita. Non hai mapa, estamos extraviados: monotonía, estatismo, nada cambia. Aumenta a sensación de soidade porque xa non temos nin o pasado, polo que a desorientación é total: os puntos cardinais a mercé dos ventos, o temoneiro pon proa a ningures.
Desde o principio hai un xogo de tempos: presente, pasado e futuro (toda a travesía).
O poema remata cun pretérito –“asumiu”- para pór un final absoluto á idea de tedio e aburrimento:
O minuteiro (tic-tac)asumeu o compás das travesías.
Relacionan o poema coas vangardas as imaxes xustapostas, o léxico extrapoético, mariñeiro, culto e técnico, os estranxeirismos, a ausencia de ritmo, o ton prosaico, a falta de puntuación, a disposición gráfica e outros elementos: parénteses, onomatopeas, ironías. Son máis tradicionais as imaxes ligadas á realidade e a presenza do suxeito poético. Texto completo e explicacións
Os cóbados no varandal