Victoria Garance Alixe Legrand, nada en París o 28 de maio de 1981, é unha músico franco-estadounidense, coñecida sobre todo por ser a principal vocalista, compositora e teclista da banda de dream pop Beach House.
Traxectoria Legrand medrou en Filadelfia (Pensilvania). De nena comezou a aprender a tocar o piano, pero deixouno con 18 anos. Estudou arte dramático no Vassar College. Despois de graduarse no ano 2003 mudouse a París para estudar interpretación en L'École Internationale de Théâtre Jacques Lecoq. Tras quedar decepcionada coa escola regresou a Filadelfia en 2004.
Victoria é sobriña do compositor francés Michel Legrand e de Christiane Legrand de The Swingle Singers. De adolescente formou parte dunha banda de versións de Led Zeppelin.
No ano 2004 Legrand coñeceu ao nativo de Baltimore Alex Scally, e rapidamente formaron un dúo, Beach House. Legrand adoita a mencionar como traballan organicamente xuntos, e como, en Scally, atopou a súa "alma xemelga musical". Os dous levan gravados sete álbums de estudio como Beach House: Beach House (2006), Devotion (2008), Teen Dream (2010), Bloom (2012), Depression Cherry e Thank Your Lucky Stars (2015), e 7 (2018).
Notas
Categoría:Nados en París
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Vocalistas