Dibamus é un xénero de réptiles escamosos da suborde dos lacertilios, unha das dúas integradas, canda Anelytropsis, na familia dos dibámidos,Family Dibamidae Boulenger, 1884 en The Taxonomicon.Dibamidae Boulenger, 1884 no ITIS. que, á súa vez, e a única incluída na infraorde dos dibamios,Monotypic taxon: Suborder Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen. da que é o seu tipo.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1839 polo zoólogo e naturalista francés André Marie Constant Duméril e polo tamén zooólogo francés, especializado en herpetoloxía, Gabriel Bibron,Dibamus Duméril and Bibron, 1839 no ITIS. na súa obra Erpétologie générale ou histoire naturelle complète des reptiles. Tome cinquième [Volume 5]. París: Roret.

Etimoloxía O nome científico Dibamus, está tirado do grego antigo διβάμος dibámos, "de dúas patas", Dibamus en: Jaeger, Edmund C. (1944): Source-book of biological names and terms. Springfield: Charles C. Thomas, p. 71. aludindo a que as súas especies só presentan dúas diminutas patas.

Clasificación Segundo The Reptile Database, na actualidade recoñécense dento do xénero as 24 especies seguintes:Dibamia na TRD.

Dibamus alfredi Taylor, 1962 Dibamus bogadeki Darevsky, 1992 Dibamus booliati Das & Yaakob, 2003 Dibamus bourreti Angel, 1935 Dibamus celebensis Schlegel, 1858 Dibamus dalaiensis Neang et al., 2011 Neang, T.; Holden, J.; Eastoe, T.; Seng, R.; Ith, S. & Grismer, L. L. (2011): "A new species of Dibamus (Squamata: Dibamidae) from Phnom Samkos Wildlife Sanctuary, southwestern Cardamom Mountains, Cambodia". Zootaxa 2828: 58-68. Dibamus deharvengi Ineich, 1999 Dibamus dezwaani Das & Lim, 2005 Dibamus floweri Quah et al., 2017 [http://reptile-database.reptarium.cz/species?genus=Dibamus&species=floweri Dibamus floweri Quah, Anuar, Grismer, & Grassby-Lewis, 2017] en The Reptiles Database. Dibamus greeri Darevsky, 1992 Dibamus ingeri Das & Lim, 2003 Dibamus kondaoensis Honda et al., 2001 Dibamus leucurus (Bleeker, 1860) Dibamus manadotuaensis Koppetsch et al., 2019 Dibamus nicobaricum Steindachner, 1867 Dibamus novaeguineae Duméril & Bibron, 1839 Dibamus seramensis Greer, 1985 Dibamus smithi Greer, 1985 Dibamus somsaki Honda et al., 1997 Dibamus taylori Greer, 1985 Dibamus tebal Das & Lim, 2009 Dibamus tiomanensis Diaz et al., 2004 Dibamus vorisi Das & Lim, 2003

Características Os dibámidos caracterízanse polo seu corpo delgado, cilíndrico, alongado e por unha aparente falta de extremidades. A femias carecen completamente de extremidades, e os machos presentan só as extremidades posteriores, moi pequenas e con forma de aleta, que utilizan para agarraren a súa parella durante o apareamento.

O seu cranio está rixgidamente fusionado, carecen de dentes pterigoides e de oído externo. Os seus ollos están moi reducidos e cubertos por unha escama. Desbido a esta últimas característica son coñecidos na bibliografía internacional co nome vulgar de lagratos cegos (do inglés blind lizards).

Bioloxía e ecoloxía Os dibámidos habitan en México, o sueste asiático, nas illas Filipinas e no oeste de Nova Guinea. Son pequenos lagartos insectívoros, de corpo longo e delgado, adaptados para escavaren no solo. Polo xeral, poñen un só ovo, cunha casca dura e calcificada, en lugar das cascas coriáceas típicas de moitos outros grupos de réptiles.

Filoxenia Recentes análises filoxenéticas sitúan aos dibámidos como un clado irmán de todos os outros lagartos e das serpes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Greer, A. E. (1985): "The relationships of the lizard genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of herpetology, 19 (1): 116–156. Resume Townsend, T. M.; Larson, A.; Louis, E. & Macey, J. R. (2004): "Molecular phylogenetics of Squamata: the position of snakes, amphisbaenians, and dibamids, and the root of the squamate tree". Systematic biology, 53 (5): 735–757. Amplo resume. Townsend, T. M.; Leavitt, D. H. & Reeder, T. W.(26 de xaneiro de 2011): "Intercontinental dispersal by a microendemic burrowing reptile (Dibamidae)". Proceedings of the Royal Society (B) Amplísimo resume.

Outros artigos Escamosos Lacertilia

Ligazóns externas Dibamidae na ADW. Dibamid Lizards. Dibamidae na EOL.

Categoría:Saurópsidos