Field Music é unha banda inglesa de indie rock procedente de Sunderland, Tyne e Wear, formada no ano 2004, particularmente activa na rexión de Wearside. O núcleo do grupo está composto polos irmáns David Brewis e Peter Brewis, con Andrew Moore que ocasionalmente actúa como teclista. A súa formación contou por momentos con membros de Maxïmo Park e The Futureheads.
Os críticos compararon a súa música coa de artistas tan diversos como Steely Dan, XTC, Prefab Sprout, Peter Gabriel, Scritti Politti, Talking Heads e Todd Rundgren. A banda tamén foi nomeada ao Mercury Prize.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloField Music2005Memphis IndustriesTones of Town2007Memphis IndustriesField Music (Measure)2010Memphis IndustriesPlumb2012Memphis IndustriesCommontime2016Memphis IndustriesOpen Here2018Memphis Industries
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais do condado de Tyne e Wear Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de pop progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 2004