The First Letter é o noveno álbum de estudio da banda inglesa de rock Wire, publicado en outubro de 1991 a través do selo Mute Records. É o último disco editado polo grupo antes do seu segundo hiato. É un dos tres únicos lanzamentos acreditados a "Wir", os outros son o sinxelo "So And Slow It Grows", e un EP de dous temas titulado Vien. A banda cambiou o seu nome para "Wir" despois da marcha do batería Robert Gotobed, que deixou o grupo porque a dirección musical de Wire dependía cada vez máis de caixas de ritmos e loops.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Wire Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums producidos por Paul Kendall Categoría:Álbums de Mute Records