Sri Lanka presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2003. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Malia que Sri Lanka ten unha industria cinematográfica relativamente prolífica, só participou na competición dúas veces, mais finalmente as súas propostas non foron nomeadas para o premio.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Sri Lanka para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2003(76ª) Wekande Walauwa Cingalés 2009(82ª) The Road from Elephant Pass Cingalés e támil

Notas

Categoría:Cinema de Sri Lanka Sri Lanka