Ucraína presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 1997. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, dezaoito filmes foron escollidos para representar a Ucraína nesta categoría, mais finalmente ningún deles foi nomeado. A proposta de 2004, Voditel dlya Very foi descualificado por ter unha orixe ucraína insuficiente.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Ucraína para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director(es) Lingua(s) Resultado 1997(70ª) Pryiatel nebizhchyka Viacheslav Kryshtofovych Ruso 2003(76ª) Mamay Oles Sanin Ucraíno e tártaro de Crimea 2004(77ª) Voditel dlya Very Pavlo Chukhrai Ruso 2006(79ª) Aurora Oksana Bairak Ruso 2008(81ª) Iliuziya strakhu Oleksandr Kiriyenko Ruso 2012(85ª) Toi, khto proishov kriz vohon Mykhailo Illienko Ucraíno, inglés, ruso e tártaro de Crimea 2013(86ª) Paradjanov Serge Avedikian, Olena Fetisova Ruso 2014(87ª) Povodyr Oles Sanin Ucraíno, ruso e inglés 2016(89ª) Ukrayinski sheryfy Roman Bondarchuk Ucraíno e ruso 2017(90ª) Riven chornoho Valentyn Vasianovych Sen diálogo 2018(91ª) Donbass Sergei Loznitsa Ucraíno, ruso 2019(92ª) Evge Nariman Aliev Tártaro de Crimea e ucraíno 2020(93ª) Atlantyda Valentyn Vasyanovych Ucraíno 2021(94ª) Plokhiye dorogi Nataliia Vorozhbyt Ruso e ucraíno 2022(95ª) Klondaik Maryna Er Gorbach Ucraíno, ruso, checheno e neerlandés 2023(96ª) 20 dniv u Mariupoli Mstyslav Chernov Ucraíno e ruso 2024(97ª) La Palisiada Philip Sotnychenko Ucraíno, ruso, azerí e romaní 2025(98ª) 2000 metriv do Andriivky Mstyslav Chernov Ucraíno e inglés

Notas

Categoría:Cinema de Ucraína Ucraína