Daniel Irvin Rather Jr., nado en Wharton (Texas) o 31 de outubro de 1931, é un xornalista estadounidense, coñecido por ser o presentador das novas CBS Evening News e por ser o editor e presentador do magazine Dan Rather Reports en AXS TV.
Traxectoria Rather foi o presentador de CBS Evening News durante 24 anos, dende o 9 de marzo de 1981 ata o 9 de marzo de 2005. Tamén contribuíu ao programa 60 Minutes, de CBS. Viuse envolto en controversias sobre unha reportaxe de noticias en disputa sobre o servizo do presidente George W. Bush durante a guerra de Vietnam na Garda Nacional e posteriormente abandonou CBS Evening News en 2005. Deixou a emisora por completo en 2006, despois de 43 anos de carreira.
Xunto con Peter Jennings en ABC News e Tom Brokaw en NBC News, Rather foi un dos "Big Three" ("tres grandes") presentadores de informativos dos anos oitenta, noventa e principios do século XXI. Os tres foron presentadores dos programas de noticias nocturnos máis importantes das súas emisoras durante máis de vinte anos, e comezaron e retiráronse con menos dun ano de diferenza.
Vida persoal miniatura|Rather no South by Southwest 2007 Rather casou con Jean Goebel en 1957. Tiveron un fillo e unha filla, e viven entre Nova York e Austin, Texas. A súa filla Robin é activista polo medio natural e pola comunidade en Austin. O seu fillo Dan é axudante do fiscal do distrito na oficina do fiscal en Manhattan, Nova York.
A Sam Houston State University renomeou o seu edificio de comunicación de masas en honra de Rather en 1994. O edificio alberga The Houstonian e KSHU, estacións de radio e televisión que levan os estudantes. En maio de 2007, Rather recibiu un doutoramento de honra polo Siena College en Loudonville, Nova York, polas súas contribucións ao xornalismo.
Libros The Palace Guard, con Gary Paul Gates, 1977. . The Camera Never Blinks: Adventures of a TV Journalist, con Mickey Hershkowitz, 1977. . I Remember, con Peter Wyden, 1991. . The Camera Never Blinks Twice: The Further Adventures of a Television Journalist, with Mickey Hershkowitz, 1994. . , 1999. . "The American Dream: Stories from the Heart of Our Nation", 2001. . , con Digby Diehl, 2013. . What Unites Us: Reflections on Patriotism, con Elliot Kirschner, 2017. .
Premios miniatura|Dan Rather na 64.ª edición dos premios Peabody Rather recibiu numerosos premios Emmy, varios premios Peabody e varios graos de honra de universidades.
Premio Ano Título do programaPeabody1975CBS NewsPeabody197660 MinutesPeabody1994CBS Reports: D-DayPeabody1995CBS Reports: In the Killing Fields of AmericaPaul White AwardRadio Television Digital News Association1997, Radio Television Digital News Association Conference & Exhibition, 20 de setembro de 1997. Consultado o 27 de maio de 2014.Lifetime AchievementPeabody200048 Hours: Heroes Under FirePeabody200160 Minutes II: Memories of a MassacrePeabody200460 Minutes II: Abuse at Abu GhraibEmmy Trustees Award2014Lifetime Achievement
Ademais deste premios, Rather foi incluído no Salón da Fama da Televisión en 2004.
"Kenneth, what is the frequency?" O 4 de outubro de 1986, mentres camiñaba por Park Avenue cara ao seu piso en Manhattan, Rather foi atacado e golpeado dende atrás por un home que quería saber "Kenneth, what is the frequency?" ("Kenneth, cal é a frecuencia?") mentres un segundo asaltante o collía e batía nel. Mentres o asaltante pateaba nel continuaba a repetir a pregunta. Describindo o incidente, Rather dixo "fun atacado. Quen entende estas cousas? Eu non e tampouco agora. Non fixen moito diso nin o fago agora. Oxalá soubese quen o fixo e por que, mais non teño idea ningunha". Ata que o delito se resolveu anos despois, a descrición de Rather do estraño suceso provocou algunhas dúbidas sobre a veracidade da historia, aínda que o porteiro que rescatou a Rather confirmou a súa versión.
O asalto permaneceu sen solución algún tempo, e foi referido múltiples veces na cultura popular. A frase "What's the frequency, Kenneth?" converteuse nunha referencia popular, como nunha escena da novela gráfica Like a Velvet Glove Cast in Iron de Daniel Clowes. En 1994, o grupo R.E.M. estreou a canción "What's the Frequency, Kenneth?" no seu disco Monster. Rather cantou posteriormente con R.E.M. durante unha proba de son antes dunha actuación no Madison Square Garden, que se emitiu a noite seguinte en Late Show with David Letterman.
En 1997, un crítico de televisión do New York Daily News resolveu o misterio, publicando unha fotografía do suposte asaltante, William Tager, que recibiu unha sentenza de entre 12½ e 25 anos de cárcere por matar o encargado da tremoia de NBC Campbell Montgomery na saída do estudio de The Today Show en 1994. Rather confirmou a historia: "Non teño dúbida ningunha de que esa é a persoa". O fiscal do distrito de Nova York Robert M. Morgenthau dixo que "a identidade de William Tager como o home que atacou a Mr. Rather foi establecida no curso dunha investigación da miña oficina"."No Doubt in Rather Case", The New York Times, 5 de novembro de 2004. Tager afirmou que pensaba que as redes de televisión estaban a emitir sinais no seu cerebro.Strange story behind R.E.M.'s song "What's the Frequency, Kenneth" Cando asasinou o traballador, Tager estaba a tratar de entrar no estudio da NBC cunha arma para descubrir a frecuencia que as redes estaban a empregar para atacalo e así poder bloquealas. Tager recibiu a liberdade condicional en outubro de 2010.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Rather, Dan. The Palace Guard, with Gary Gates . Rather, Dan. I Remember, with Peter Wyden. Rather, Dan with Herskowitz, Mickey. The Camera Never Blinks Twice. 1995. William Morrow.
Ligazóns externas Dan Rather's Personal Website AXS TV The Big Interview Dan Rather: American Journalist (Briscoe Center for American History )
Categoría:Nados en Texas Categoría:Nados en 1939 Categoría:Xornalistas dos Estados Unidos de América Categoría:Presentadores de televisión dos Estados Unidos de América