miniatura|300x300px|Sebastián Lelio foi o primeiro director chileno en gañar o premio co filme Una mujer fantástica. Chile presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1990. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, Chile presentou vinte e nove filmes ó Óscar ó mellor filme internacional, conseguindo o seu primeiro nomeamento en 2013. Chile gañou o seu primeiro galardón na 90ª edición de 2018, con Una mujer fantástica.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Chile para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1990(63ª) La luna en el espejo 1991(64ª) La frontera 1993(66ª) Johnny 100 pesos 1994(67ª) Amnesia 2000(73ª) Coronación 2001(74ª) Taxi para tres 2002(75ª) Ogú y Mampato en Rapa Nui 2003(76ª) Los debutantes 2004(77ª) Machuca 2005(78ª) Play 2006(79ª) En la cama 2007(80ª) Padre nuestro 2008(81ª) Tony Manero 2009(82ª) Dawson. Isla 10 2010(83ª) La vida de los peces 2011(84ª) Violeta se fue a los cielos 2012(85ª) No 2013(86ª) Gloria 2014(87ª) Matar a un hombre 2015(88ª) El Club 2016(89ª) Neruda 2017(90ª) Una mujer fantástica 2018(91ª) Y de pronto el amanecer 2019(92ª) Araña 2020(93ª) El agente topo 2021(94ª) Blanco en blanco 2022(95ª) Blanquita Fernando Guzzoni 2023(96ª) Los colonos Felipe Gálvez Haberle 2024(97ª) El lugar de la otra Maite Alberdi 2025(98ª) La misteriosa mirada del flamenco Diego Céspedes
Notas
Categoría:Cinema de Chile Chile