miniatura|267x267px|Elmar Klos (imaxe) e Ján Kadár, dirixiron o primeiro filme checoslovaco en gañar o premio, Obchod na korze. Checoslovaquia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional entre 1964 e 1991, antes de que o país se separase nas repúblicas independentes de Eslovaquia e da República Checa en 1993. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Seis filmes checoslovacos foron nomeados ó Óscar ó mellor filme internacional, dous dos cales gañaron o Óscar, o filme en lingua eslovaca Obchod na korze e o filme en lingua checa Ostře sledované vlaky, ámbolos dous comedias negras ambientadas durante a segunda guerra mundial. Dous filmes do director Miloš Forman foron propostos en representación de Checoslovaquia na década de 1960, e os dous foron nomeados. Forman acabou gañando o Óscar ó mellor director en dúas ocasións logo de emigrar ós Estados Unidos.

Despois da ruptura de Checoslovaquia, as propostas checas e eslovacas foron presentadas por separado de xeito regular. Dende entón, a República Checa logrou tres nomeamentos máis ós Óscar, incluíndo unha vitoria para Kolja de Jan Svěrák.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Checoslovaquia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Case tódalas propostas foron rodadas en checo, agás as de 1965, 1982 e 1984 que estaban rodadas en eslovaco.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1964(37ª) Limonádový Joe aneb Koňská opera 1965(38ª) Obchod na korze e Elmar Klos 1966(39ª) Lásky jedné plavovlásky 1967(40ª) Ostře sledované vlaky 1968(41ª) Hoří, má panenko 1969(42ª) Spalovač mrtvol 1973(46ª) Dny zrady 1974(47ª) Milenci v roce jedna 1975(48ª) Cirkus v cirkuse 1976(49ª) Jeden stříbrný 1978(51ª) Adéla ještě nevečeřela 1979(52ª) Báječní muži s klikou 1980(53ª) Lásky mezi kapkami deště 1981(54ª) Božská Ema 1982(55ª) Pomocník 1983(56ª) Neúplné zatmění 1984(57ª) Tisícročná včela 1985(58ª) Skalpel, prosím 1986(59ª) Vesničko má středisková 1987(60ª) Smrt krásných srnců 1989(62ª) Kopytem sem, kopytem tam 1990(63ª) Vojtěch, řečený sirotek 1991(64ª) Obecná škola

Notas

Categoría:Cinema de Checoslovaquia Checoslovaquia