O Rally Mariña Lucense é unha competición de rally que se disputa dende 2019 na Mariña de Lugo.

Está organizada pola Escudería Mix Rallye Sport e é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. O seu primeiro gañador foi Iago Caamaño e o piloto máis laureado é Víctor Senra, con cinco triunfos.

Historia Tras varios intentos de celebrar un rally na Mariña de Lugo, finalmente en 2019, a Escudería Mix Rallye Sport, que viña celebrando o desaparecido Rally Comarca da Ulloa, conseguiu sacar adiante a proba, que foi incluída como a última cita da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally, a mediados de novembro. O parque pechado situouse en Viveiro e os treitos disputáronse polos concellos de Xove, O Vicedo e Cervo. Coa ausencia do xa campión galego Víctor Senra, o rally foi un duelo entre os dous seguintes clasificados do campionato, Alberto Meira e Iago Caamaño, sendo este último o primeiro vencedor da proba, cun Volkswagen Polo R5.

Palmarés +AnoEdiciónPilotoCopilotoVehículoEquipoCampionato20191º Rally Mariña Lucense Iago Caamaño Alberto RodríguezVolkswagen Polo R5Lalín DezaGalicia20202º Rally Mariña Lucense Nikolay Gryazin Konstantin AleksandrovVolkswagen Polo GTI R5Sports Racing TechnologiesGalicia20213º Rally Mariña Lucense Víctor Senra David VázquezŠkoda Fabia R5Ya-Car RacingGalicia20224.º Rally Mariña Lucense Víctor Senra JandrínŠkoda Fabia R5Ya-Car RacingGalicia20235.º Rally Mariña Lucense Víctor Senra David VázquezCitroën C3 WRCYa-Car RacingGalicia20246.º Rally Mariña Lucense Víctor Senra José MuradoCitroën C3 WRCYa-Car RacingGalicia20257.º Rally Mariña Lucense Víctor Senra José MuradoHyundai i20N WRCYa-Car RacingGalicia20268.º Rally Mariña Lucense Alberto Meira Avelino MartínezŠkoda Fabia R5Escudería Pontevedra 1984Galicia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rally Comarca da Ulloa Rally San Froilán

*