Fernando Núñez del Cañal Teijeiro, nado en Veiga (Chantada) en 1813 e finado en Santiago de Compostela o 2 de abril de 1894,Gaceta de Galicia, 3-4-1894, p. 2. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo do propietario lugués nado en Cando Fernando Núñez Teigeiro e da sierense Antonia Roces Cañal, foi avogado eclesiástico e civil. No Reinado de Isabel II foi alcalde-corrixidor de Santiago de Compostela na Década Moderada, do 23 de agosto de 1851 ao 14 de marzo de 1853. Foi o derradeiro corrixidor de Santiago de Compostela, pois o Real Decreto de 4 de maio de 1853 eliminou a alcaldía-correximento de Santiago. Volveu ser alcalde de Santiago de Compostela no Bienio Moderado dende o 1 de xaneiro de 1863 ao 23 de outubro de 1864.

Vida persoal Casou con Nemesia Forcelledo Tuero (que finou en 1892),Gaceta de Galicia, 13-1-1892, p. 3. irmá de Benito Forcelledo Tuero, e foi pai, entre outros, de Luís e Benito Núñez del Cañal Forcelledo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alcaldes de Santiago de Compostela

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1813 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos