Sado (en ) é un filme surcoreano de 2015 dirixido por Lee Joon-ik, protagonizado por Song Kang-ho e Yoo Ah-in. Está ambientado durante o reinado do rei Yeongjo, e conta a historia do príncipe herdeiro Sado, quen foi considerado como non apto para gobernar, e con 27 anos, foi condenado a morte polo seu propio pai, sendo encerrado nun cofre de arroz durante oito días.
Sado gañou tres galardóns nos Premios da Asociación de Críticos Cinematográficos de Corea do Sur, incluíndo o premio a mellor filme. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Song Kang-ho como rei Yeongjo Yoo Ah-in como príncipe herdeiro Sado Moon Geun-young como Lady Hyegyeong Kim Hae-sook como raíña Inwon Park Won-sang como Hong Bong-han Jeon Hye-jin como consorte Yeong Park So-dam como Lady Moon Jin Ji-hee como príncipe Hwawan Seo Ye-ji como raíña Jeongsun Lee Dae-yeon como Kim Sang-ro Kang Seong-hae como Kim Han-gu Choi Deok-moon como Hong In-han Jung Suk-yong como eunuco Hong Choi Min-cheol como Chae Je-gong Park Myeong-shin como raíña Jeongseong Son Deok-gi como Hong Nak-in So Ji-sub como rei Jeongjo (cameo)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Lee Joon-ik