O primeiro ministro de Gabón é o xefe de goberno de Gabón.Artigo 31 da Constitución de 1991.

Descrición do cargo O primeiro ministro é nomeado polo presidente da República.Artigo 15 da Constitución de 1991. O presidente pode cesar o primeiro ministro por iniciativa propia, mediante a dimisión presentada polo propio primeiro ministro, ou despois dunha moción de censura na Asemblea Nacional.Artigo 15 da Constitución de 1991. O primeiro ministro pode nomear outros membros do goberno e rescindir os seus cargos.Artigo 15 da Constitución de 1991. O primeiro ministro pode substituír o presidente con autorización expresa e para unha orde do día determinada.Artigo 22 da Constitución de 1991.

Dentro dos 45 días seguintes ao nomeamento do Consello de Ministros, o primeiro ministro presentará ante a Asemblea Nacional o seu programa político xeral que levará a un debate aberto, seguido dun voto de confianza. Para que dita votación saia adiante precísase maioría absoluta dos membros da Asemblea Nacional.Artigo 28a da Constitución de 1991.

O primeiro ministro dirixe as accións do goberno e asegura a execución das leis. Segundo as condicións do artigo 20, o primeiro ministro exerce o poder regulador e nomea postos civís e militares do Estado. Pode delegar determinados poderes noutros membros do goberno.Artigo 29 da Constitución de 1991. A substitución do primeiro ministro está asegurada por un membro do goberno designado por un decreto do presidente da República, segundo a orde de nomeamento do decreto que dispuxo a composición do goberno.Artigo 29 da Constitución de 1991. O ministro que asume as funcións do primeiro ministro interino invístese temporalmente cos plenos dereitos e poderes do cargo.Artigo 29 da Constitución de 1991. As accións do primeiro ministro deben ser refrendadas polos membros do goberno encargados da súa execución.Artigo 29 da Constitución de 1991.

Lista Lenda

Nº Foto NomeMandatoPartidoPresidente InicioFinDuración 1 Léon M'ba 17 de agosto de 196021 de febreiro de 1961188 díasBDG El mesmo Cargo abolido (21 de febreiro de 1961 - 16 de abril de 1975) 2 Léon Mébiame 16 de abril de 19753 de maio de 199015 anos e 17 díasPDG Omar Bongo 3 Casimir Oyé-Mba 3 de maio de 19902 de novembro de 19944 anos e 183 díasIndependente Omar Bongo 4 Paulin Obame-Nguema 2 de novembro de 199423 de xaneiro de 19994 anos e 82 díasPDG Omar Bongo 5 Jean-François Ntoutoume Emane 23 de xaneiro de 199920 de xaneiro de 20066 anos e 362 díasPDG Omar Bongo 6 Jean Eyeghé Ndong 20 de xaneiro de 200617 de xullo de 20093 anos e 178 díasPDG Omar BongoDivungi Di Ndinge Rogombé 7 Paul Biyoghé Mba 17 de xullo de 200927 de febreiro de 20122 anos e 225 díasPDG Rogombé Ali Bongo Ondimba 8 Raymond Ndong Sima 27 de febreiro de 201227 de xaneiro de 20141 ano e 334 díasPDG Ali Bongo Ondimba 9 Daniel Ona Ondo 27 de xaneiro de 201428 de setembro de 20162 anos e 245 díasPDG Ali Bongo Ondimba 10 Emmanuel Issoze-Ngondet 28 de setembro de 2016 12 de xaneiro de 20192 anos e 104 díasPDG Ali Bongo Ondimba 11 Julien Nkoghe Bekale12 de xaneiro de 201916 de xullo de 2020PDG Ali Bongo Ondimba 12Rose Christiane Raponda16 de xullo de 20209 de xaneiro de 2023PDG Ali Bongo Ondimba 13Alain Claude Nze9 de xaneiro de 202330 de agosto de 2023233 díasPDG Ali Bongo Ondimba (8)Raymond Ndong Sima 7 de setembro de 2023no cargoIndependente Brice Oligui

Notas

Véxase tamén Outros artigos Presidente de Gabón Xefes de Estado e Goberno actuais

Ligazóns externas Estadistas do mundo - Gabón . Constitución de Gabón de 1991 (modificada en 2011) .

Categoría:Primeiros ministros de Gabón