Kim Althea Gordon, nada en Rochester, Nova York, o 28 de abril de 1953, é unha cantante e músico estadounidense coñecida por ser vocalista, compositora, guitarrista e baixista na banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, disolta en 2011 tras o divorcio de Gordon e Thurston Moore.

Gordon tamén toca na banda Free Kitten con Julie Cafritz (Pussy Galore) e Yoshimi P-We (Boredoms), e colaborou con moitos músicos como Ikue Mori, DJ Olive, William Winant, Lydia Lunch, Alan Licht, Courtney Love e Chris Corsano. No ano 2012, tras a separación de Sonic Youth, Gordon formou Body/Head co seu amigo Bill Nace, publicando o seu álum de estrea, Coming Apart, en setembro de 2013.

Biografía

Primeiros anos Gordon naceu en Rochester, Nova York o 28 de abril de 1953.George-Warren & Romanowski 2005, p. 912 O seu pai, Calvin Wayne Gordon, era profesor no departamento de socioloxía da Universidade de Rochester.Gordon 2015, p. 15 A súa nai traballou de costureira durante toda a infancia de Kim. Gordon tiña un irmán máis vello, Keller.

Con cinco anos de idade a familia mudouse aos Ánxeles, California, onde o seu pai conseguiu unha cátedra no departamento de socioloxía da Universidade de California, Os Ánxeles, converténdose posteriormente no decano. De nena Gordon foi á University Elementary School, unha escola de primaria progresiva afiliada á UCLA. A familia tamén viviu un ano en Hong Kong durante a súa infancia.

Gordon estudou no University High School ns Ánxeles, e saíu co seu compañeiro de clase Danny Elfman mentres estudaba alí. Despois de graduarse no instituto estudou no Santa Monica College durante dous anos antes de irse á York University de Toronto. Gordon sentiu morriña ao pouco tempo e decidiu regresar aos Ánxeles ao final do ano escolar.Gordon 2015, pp. 72-73 "Estaba cada vez menos feliz cando chegou o sombrío inverno de Toronto", escribiu. "Sen os beneficios do sol de California o meu pelo volveuse cada vez máis escuro, e non tiña nin idea de como vestirme para o frío".Gordon 2015, p. 73 Gordon decidiu matricularse no Otis College of Art and Design,Gaar 2002, p. 370 do que dixo que cambiou a súa vida. Gordon viviu en Culver City e Venice, e traballou nun restaurante indio para pagar a súa matrícula. Tamén traballou brevemente para o comerciante de arte Larry Gagosian. Graduouse no ano 1977 cunha licenciatura en Belas Artes.

Mentres estudaba no Otis College, o irmán Gordon tivo un episodio psicótico no día da súa graduación na Universidade de California en Berkeley, onde conseguira un mestrado en estudos clásicos. Posteriormente diagnosticouselle esquizofrenia paranoide, e durante un tempo viviu nun centro de rehabilitación antes de pasar a ser custodiado polo estado de California. A canción "Schizophrenia", que aparece no cuarto álbum de Sonic Youth, Sister (1987), inspirouse parcialmente no seu irmán.

Sonic Youth e X-Girl

Despois de graduarse mudouse a Nova York no ano 1980 coa intención de iniciar unha carreira nas artes. Alí fixo traballos relacionados coa arte para gañar algúns cartos, como escribir para a revista Artforum,Molon 2007, p. 15 e lanzou un proxecto DIY chamado Design Office, facendo intervencións artísticas lo-fi en apartamentos de amigos. En 1981 foi comisaria dunha exposición na White Columns Gallery na que houbo contribucións de Mike Kelley e Tony Oursler, entre outros. Ao redor de 1981 Gordon comezou a interesarse nas bandas "no-wave", recordando: "Cando cheguei a Nova York ía ao centro a ver bandas tocando música no-wave. Era expresionista e tamén era nihilista. O punk rock dicía, 'Si, estamos destruíndo o rock'. A música no-wave é máis como, 'NON, nos estamos realmente destruíndo o rock'. Era moi disonante. Sinxelamente sentía como, Wow, isto é realmente libre. Podería facelo". miniatura|260x260px|Kim Gordon con Sonic Youth en 1992 En 1981 uniuse á banda de curta vida CKM, con Christine Hahn e Miranda Stanton. A través de Stanton, Gordon coñeceu aos seus futuros compañeiros de banda Lee Ranaldo e Thurston Moore. Nesa época Gordon tiña 27 anos e nunca tocara un instrumento. Cando comezou a saír con Moore os tres formaron Sonic Youth en 1981, orixinalmente co nome "The Arcadians". Originalmente a banda editou os seus dous primeiros álbums, Confusion is Sex (1983) e Bad Moon Rising (1985) a través de Neutral e Homestead Records, respectiveamente, antes de fichar por SST para publicar EVOL (1986) e Sister (1987). En 1984, casou con Thurston Moore, tres anos despois de formar Sonic Youth. En outubro de 1988 a banda editou Daydream Nation a través do selo Enigma Records.

En 1989 Sonic Youth fichou por DGC Records, unha subsidiaria de Geffen, e publicou Goo (1990), que se converteu no primeiro éxito comercial do grupo.Robins 2008, pp. 258-260 Tamén en 1989, Gordon, Sadie May e Lydia Lunch formaron a banda Harry Crews e editaron o álbum Naked in Garden Hills.Foege 1994, p. 266 Para promover Goo, Gordon xirou extensamente con Sonic Youth entre 1990 e 1991, e un documental titulado 1991: The Year Punk Broke documentou a xira da banda con Nirvana, Babes in Toyland, Dinosaur Jr., Gumball e Mudhoney.Yarm 2011, pp. 297-299

A principios de 1991 Courtney Love, que fora influenciad por Sonic Youth e a escena no wave, pediulle a Gordon producir o primeiro álbum de Hole, Pretty on the Inside, editado en 1991. Gordon produciu a gravación coa asistencia de Don Fleming en marzo de 1991, recibindo o traballo a aclamación da crítica. Gordon comentou que nas sesións de gravación Love "era ou encantadora e simpática ou lle berraba á banda" pero que era "unha moi boa cantante, animadora e líder".Browne 2009, p. 272 En 1992 Gordon publicou un sinxelo, "Electric Pen", con Mirror/Dash, un proxecto de curta vida que formou con Moore.Foege 1994, p. 306

Gordon cofundou en 1993 nos Ánxeles, xunto con Daisy von Furth, unha compañía de roupa de rúa de muller chamada X-Girl. A empresa foi un derivado de X-Large, unha compañía de roupa para homes cofundada por Michael Diamond dos Beastie Boys. A primeira tenda de X-Girl abriu nos Ánxeles en 1994. A actriz Chloë Sevigny foi modelo para varias pezas da colección da compañía. Tamén en 1993 Gordon formou o proxecto musical Free Kitten con Julia Cafritz.Blush 2016, p. 362 O 1 de xullo de 1994 naceu a filla de Gordon e Thurston Moore, Coco Hayley Gordon Moore.

Música, arte e interpretación miniatura|259x259px|Free Kitten con Kim Gordon, Julie Cafritz, Yoshimi P-We e Mark Ibold Free Kitten publicou o seu álbum de estrea, Nice Ass, en 1995, seguido por Sentimental Education en 1997, ámbolos dous editados a través do selo independente Kill Rock Stars.Christgau 2000, p. 109 En 1996 Gordon codirixiu o vídeo de The Breeders "Cannonball", xunto a Spike Jonze,Mayshark 2007, p. 138 e estivo tamén involucrada nunha exposición titulada Baby Generation na galería Parco de Tokyo. A mostra de Gordon Kim's Bedroom foi exposta no MU nos Países Baixos, ande incluía debuxos e pinturas xunto con música ao vivo e convidados especiais.

Como parte de Sonic Youth, Gordon publicou varios álbums entre mediados e finais dos anos 90, incluíndo Experimental Jet Set, Trash and No Star (1994), Washing Machine (1995), e A Thousand Leaves (1998), todos a través de DGC Records. Posteriormente editaron NYC Ghosts & Flowers en 2000, e Murray Street en 2002. En 1999, tras vender a súa participación en X-Girl, Gordon mudouse con Moore a Northampton, Massachusetts, para criar á súa filla. Ao redor do ano 2002, Gordon comezou a traballar con The Supreme Indifference, unha colaboración musical con Gordon, Jim O'Rourke e Alan Licht. A banda aparece no recompilatorio de 2002 Fields and Streams, aínda que a súa contribución foi considerada "molesta" e o proxecto "autocomplacente" polo crítico Adrian Begrand de PopMatters.

No ano 2003 Gordon foi presentada na Bienal de Gotemburgo e exhibiu Club In The Shadow, unha instalación en colaboración coa artista Jutta Koether, na Kenny Schachter's Contemporary Gallery de Nova York.Molon 2007, pp. 138, 271 En 2005 presentou outra colaboración con Koether para a exposición Her Noise en Londres, titulada "Reverse Karaoke".Jones & Heathfield 2012, p. 307 No mesmo ano publicouse un libro de arte titulado Kim Gordon Chronicles Vol. 1 con fotografías de Gordon feitas ao longo da súa vida. O ano seguinte lanzouse Kim Gordon Chronicles Vol. 2 cos seus debuxos, collages, e pinturas.

A comezos de 2005 Gordon comezou a realizar papeis secundarios en películas, sendo a súa primeira aparición como unha executiva discográfica no filme de Gus Van Sant Last Days. Despois tivo un pequeno papel interpretando unha exportadora téxtil no filme de suspense francés de 2007 Boarding Gate, e tamén actuou no filme de Todd Haynes I'm Not There (2007), inspirado na vida de Bob Dylan. O mesmo ano interpretou a un músico de rúa no último episodio da sesta tempada da serie de televisión Gilmore Girls, xunto co seu marido Moore e a súa filla Coco, interpretando a canción "What a Waste" do álbum Rather Ripped.

En setembro de 2008 Gordon lanzou unha colección de moda de edición limitada chamada Mirror/Dash (que tamén era o nome dun proxecto musical paralelo que creara con Moore), inspirada por Françoise Hardy e baseada na idea de que "hai necesidade de roupa para as nais cool".

Disolución de Sonic Youth miniatura|dereita|Gordon con Sonic Youth en 2009 Sonic Youth publicou o seu derradeiro álbum de estudio, The Eternal, en 2009.Weglarz & Pedelty 2016, p. 158 O xornalista da revista Rolling Stone Will Hermes dixo do álbum: "É divertido pensar que o ferozmente auténtico Sonic Youth foi un grupo importante durante case 20 anos. The Eternal marca o seu regreso literal ao indie rock - e iso non é unha grande alegría, xa que sempre fixeron o que quixeron. A ironía é que The Eternal podería ser o seu disco máis conciso". Ese mesmo ano Gordon, xunto co resto de Sonic Youth, fixo unha aparición na serie Gossip Girl e interpretou unha versión acústica da canción "Starpower".

O 14 de outubro do 2011 Kim Gordon e Thurston Moore anunciaban a súa separación despois de 27 anos de matrimonio a través de Matador. O mes seguinte Lee Ranaldo revelou que Sonic Youth se disolvera formalmente, poñendo fin a unha carreira de 30 anos. Nunha entrevista á revista Elle no ano 2013 confirmou que os motivos da separación foron que Moore a estaba enganando cunha muller próxima ao contorno de Sonic Youth, pero sen desvelar a súa identidade. Na mesma entrevista tamén revelou que fora diagnosticada dun "ductal carcinoma in situ", un tipo non invasivo de cancro de mama.elle.com - Kim Gordon sounds off O cancro foi tratado con éxito con cirurxía.

Body/Head e outros proxectos miniatura|260x260px|Con Body/Head en 2018 Tras o anuncio do hiato de Sonic Youth Gordon comezou a xirar con Ikue Mori, batería xaponesa da banda de finais dos 70 DNA. Gordon xa tocara con ela anteriormente en eventos como o NoFunFest en 2004. O dúo completou unha xira por Europa a mediados de 2012 e Gordon explicou durante unha entrevista: "Dalgunha maneira queres perderde e esperas que a audiencia se perda contigo ... Podes sentir se escoitan, podes sentir se hai algunha conexión". Xunto con Bill Nace, Gordon e Mori foron escollidas para tocar no evento All Tomorrow's Parties comisionado por Deerhunter en xuño de 2013. Ao redor de 2012 Gordon formou un proxecto noise con Nace, chamado Body/Head, e a banda publicou o sinxelo "The Eyes, The Mouth" ese ano 2012 a través do selo belga Ultra Eczema. O álbum de estrea do dúo, Coming Apart, foi editado o 10 de setembro de 2013 a través de Matador Records e a banda completou unha xira polos Estados Unidos no outono dese ano.