Francisco Xavier Redondo Abal, nado en Pontevedra en 1964, e finado en Santiago de Compostela o 20 de febreiro de 2026, foi un historiador e escritor galego.
Traxectoria Licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou como bibliotecario. Investigou na recuperación da memoria histórica e colaborou en revistas como A Trabe de Ouro, Terra e Tempo, Murguía (ao longo de 20 anos), Grial, Luzes, Galegos, Madrygal, Anuario Brigantino, Inzar Razóns e Claridade, ademais da Cátedra de Memoria Histórica da UDC.
Obras Percorrendo a catástrofe. Unha achega bibliográfica ao Prestige (2005). Xunta de Galicia. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965) (2006). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-231-8. Alfonso Ortega Prada: Memorias de un socialista perseguido por el fascismo : A Veiga (Ourense), 1936-1937 (2007). Fundación Luís Tilve. ISBN 84-95773-11-2. Con Pilar Ortega González. Memoria(s) de Marcelino Fernández Prada, un alcalde socialista e revolucionario (2007). Ateneo Republicano de Galicia (ARGA). ISBN 84-933103-8-7. A memoria dos libros. Incautación, espolio e desfeita da biblioteca de Santiago Casares Quiroga (2008). Ateneo Republicano de Galicia (ARGA). ISBN 84-933103-8-7. O fulgor e as tebras. As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil, (2009). Santiago: Laiovento. ISBN 9788484871538. Proceso a unha biblioteca. A persecución de Castelao a través da incautación da súa biblioteca (2010). Santiago: Laiovento. ISBN 978-84-8487-198-9. Prólogo de Avelino Pousa Antelo. O mar e a memoria. O expediente Armesto (2011). Prólogo de Dionisio Pereira. Bibliotecarias e bibliotecarios "infames". A depuración franquista do corpo bibliotecario republicano: o caso galego (2014). Santiago: Laiovento. Prólogo de Manuel Rivas. ISBN 978-84-8487-239-9. Biblioteca de José Ángel Valente (2016). Con Margarita García Candeira. Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-16533-98-5. Arelas de liberdade na Galiza. Galegos perante o Tribunal de Orde Pública (TOPGAL, 1964-1976) (2017). Santiago: Laiovento. ISBN 978-84-8487-368-6. Prólogo de Bernardo Máiz. Ezkaba. Galegos na grande evasión do Forte de San Cristóbal (Pamplona, 22 de maio de 1938) (2020). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-121731-2-3. Prólogo de Claudio Rodríguez Fer. El movimiento libertario español visto por la policía franquista: documentos de la Brigada Político-Social sobre la CNT-FAI-JJLL (1941-1960) (2023). Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo. ISBN 978-84-123507-7-7. Un demócrata fronte á barbarie fascista. Vida e martirio de Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940) (2026). Santiago: Laiovento. 168 páxs. ISBN 978-84-8487-767-7.
LIbros colectivos
Hildegart na prensa socialista: artigos de Hildegart en el Socialista e Renovación (2022). Fundación Luís Tilve. ISBN 978-84-95773-35-7. A transición en Galicia (2023). Santiago: Laiovento. ISBN 978-84-8487-637-3.
Notas
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes