miniatura|300px|Entrada principal do Instituto de Francia O Instituto de Francia (en francés Institut de France) é unha institución académica francesa creada o 25 de outubro de 1795.
O Instituto fomenta a investigación e apoia a creación, mediante premios, bolsas e axudas. Situado baixo a protección do presidente da República, tamén é o gardián dun importante patrimonio formado por residencias e coleccións que lle foron legadas desde finais do século XIX.
Composición Na actualidade, comprende as seguintes cinco academias francesas:Páxina web oficial . Consultada o 27 de agosto de 2020. Academia Francesa (Académie française, fundada en 1635); Academia de Inscricións e Linguas Antigas (Académie des inscriptions et belles-lettres, fundada en 1663); Academia de Ciencias (Académie des sciences, fundada en 1666); Academia de Belas Artes (Académie des beaux-arts, fundada en 1816); Academia de Ciencias Morais e Políticas (Académie des sciences morales et politiques, fundada en 1795, suprimida en 1803 e restablecida en 1832).
Outras institucións dependentes miniatura|161x161px|Anverso dun franco conmemorativo do bicentenario do Instituto de Francia (1995) O Instituto xestiona, ademais, varios museos e castelos: En París, o museo Jacquemart-André, instituído coa colección privada de dito matrimonio, e o museo Marmottan. Fóra de París, administra os castelos de Chantilly, onde se encontra o museo Condé, de Langeais, de Braux-Sainte-Cohière, de Abbadie e de Castries, o museo Claude Monet, a Real Abadía de Chaalis, a Vila Éphrussi de Rothschild, a Casa de Louis Pasteur, a Vila Grega Kérylos, e o Manoir de Kerazan.
Do Instituto dependen catro bibliotecas de investigación: A Biblioteca Mazarino A Biblioteca Thiers A Biblioteca do Instituto A Biblioteca do museo Condé no castelo de Chantilly
En 2005, comezou a emitir Canal Académie, unha radio por Internet ligada ás actividades do Instituto.
O edificio miniatura|400px|O Instituto de Francia visto desde a ponte das artes sobre o Sena En 1661, o cardeal Mazarino, posuidor dunha gran fortuna, dispuxo no seu testamento que fora erixido un palacio que albergara a fundación dunha Academia na que serían educados sesenta nobees nados nas catro provincias conquistadas e vinculadas a Francia polos tratados de Westfalia (1648) e dos Pireneos (1659) (de aí o nome: "Colexio das Catro Nacións", que eran o Artois, a Alsacia, o Pinerolo e os condados cataláns do Rosellón, Conflent, Vallespir e a Alta Cerdaña.
Jean-Baptiste Colbert, secretario de Estado de Lois XIV, encargou a Louis Le Vau a realización dos planos do palacio. Este debería erixirse fronte ao Louvre, na outra beira do río Sena. A construción do edificio levouse a cabo entre 1662 e1688.
En 1796, o edificio albergaba un liceo elitista, a "Escola Central das Catro Nacións".
Criticada por Napoleón I pola súa ensinanza pouco moral e de tendencia demasiado revolucionaria, pechouna en 1802. En 1805, pediu que o Instituto de Francia se instara no palacio. O arquitecto Antoine Vaudoyer transformou entón a capela nunha sala onde os académicos puideran levar a cabo as súas sesións.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Léon Aucoc (1889): L’Institut de France. Lois, statuts et règlements concernant les anciennes Académies et l’Institut de 1635 à 1889. París: Imprimerie nationale. (Ler en liña en Gallica). Léon Aucoc (1889): L’Institut de France et les anciennes Académies. París: Éditions Plon. Daniel Garcia (2014): Coupole et dépendances. París: Éditions du moment. ISBN 978-2-3541-7264-0.
Outros artigos
Moeda dun franco Institut de France
Ligazóns externas Páxina web oficial .
Categoría:Academias de Francia