Kalvakuntla Kavitha, nada en Karimnagar o 13 de marzo de 1978 é uha política india, membro do partido Telangana Rashtra Samithi (TRS), foi a primeira muller parlamentaria polo estado de Telangana no Lok Sabha.
Traxectoria Filla do político Kalvakuntla Chandrashekhar Rao, o fundador do TRS, a organización que liderou o movemento para a formación do estado de Telangana que se realizou en 2014 e o seu primeiro ministro en xefe. Kavitha graduouse en ciencia e tecnoloxía no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía VNR Vignana Jyothi e en ciencias da computacón na Universidade do Sur de Mississippi. Tras rematar os estudos traballou como enxeñeira de software nos Estados Unidos ata que en 2003 volveu á India. En 2008 fundou a organización Telangana Jagruthi, unha ONG que traballa entre as mulleres e a mocidade. En especial, Kavitha axudou á expansión da celebración Bathukamma, un festival floral propio de Telangana, fóra da India"Kavitha takes Bathukamma to London, celebrates with NRTs". New Indian Express, 2 de outubro de 2016.
Tras a formación do estado de Telangana en 2014, Kavitha participou para as eleccións ao Lok Sabha na circunscrición de Nizamabad e logrou o escano con ampla vantaxe. Ademais dende 2015 é a primeira comisionada xefa da Asociación Bharat de Scouts e Guías de Telangana"Bharat Scouts and Guides in private institutions soon". The Hindu, 2 de setembro de 2015 . Nas eleccións de maio de 2019 perdeu o escano fronte ao candidato do BJP Dharmapuri Arvind pero volveu á política activa tras lograr, nunhas eleccións parciais, un escano para o Consello Lexislativo de Telangana, a cámara alta estatal, polo distrito de autoridades locais de Nizamabad. Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Telangana Categoría:Membros do Lok Sabha Categoría:Membros de consellos lexislativos estatais da India