Luís López Alonso, nado en Sarria o 23 de febreiro de 1977, é un farmacéutico, lingüista e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Após deixar de traballar como boticario, desde o ano 2022 é profesor e investigador en formación do departamento de Tradución e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación GRADES (Gramática, Discurso e Sociedade). O seu campo de investigación céntrase na sociolingüística crítica e na teoría literaria.
É membro fundador do grupo poético lucense das Lupercais. Colabora en Revista dos tr3sreinos, O Pazo das Musas, Xistral e Grial e intervencións e actividades poéticas como a residencia itinerante internacional Ámeto mítico da Fundación Uxío Novoneira ou a residencia internacional Rosalía en camiño da Fundación Rosalía de Castro.
Creou e guionizou as dúas tempadas da serie televisiva de animación Cocorico, baseada no libro infantil homónimo de Marisa Núñez e Helga Bansch.
Obras
Presal. Xerais e Universidade de Vigo, 2019.
Salífero. Urutau, 2020. Salífero opus #. Premios
Premio Minerva en 1995.
Premio de poesía da Universidade de Vigo, 2019.Luís López Alonso: "A miña poesía busca achegarse o máximo ao mundo natural" Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en Editorial Urutau
Categoría:Farmacéuticos de Sarria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo