Miriam Pena Villanueva, nada en Bueu (Pontevedra), é unha enxeñeira informática. A finais do 2017 foi elixida como unha das enxeñeiras máis inspiradoras do 2018.

Traxectoria Interesouse polos computadores dende moi nova, na casa do seu tío había un ordenador e sempre estaba alí xogando co famoso Paint. Estudou Enxeñaría en Informática na Universidade da Coruña. Viviu en 5 países: Exipto, España, Estados Unidos de América, Suecia e Irlanda. En todos estes países traballou como consultora especializada en Erlang. É unha especialista nesa linguaxe, que manexa hoxe o 90% dos datos en Internet."Cando teñas unha peza de traballo feito faina visible. Fai ruído. Twitea, escribe blog posts, publica, fala en congresos. Non sintas que o teu traballo ten pouco valor e que non tes nada que compartir nin teñas medo as críticas. Publicar virache xenial porque te axudará a conectar con outra xente que fai o mesmo que ti e compartir as túas ideas, aprender deles e abrirate oportunidades profesionais." Miriam é a organizadora do Meetup Erlang & Elixir en San Francisco e forma parte do comité organizador das conferencias Code Beam SF e Code Beam Stockholm.

Tamén é fundadora e membro do consello de administración de The Erlang Ecosystem Foundation.

Premios e recoñecementos

Mencionada na lista das 12 mulleres máis inspiradoras do 2018. Premio Ada Byron polo Colegio de Enxeñería Informática de Galiza. Forma parte das protagonistas do cuarto volume de Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676

Ligazóns externas

Biografía de Miriam Pena no proxecto 365 días-365 mulleres da Deputación de Pontevedra (15 de xuño)

Categoría:Nados en Bueu Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros informáticos