O castelán salvadoreño é a variedade da lingua castelá ou español falado no Salvador, onde é a lingua oficial. É considerada parte do castelán centroamericano e comparte moitas semellanzas coas variedades veciñas da rexión. Porén, tamén amosa certas diferenzas en pronuncia e emprego. O Salvador, como a meirande parte da América Central, emprega o voseo na súa forma escrita e falada (ou sexa, para a segunda persoa do singular prevalece o pronome vos no canto de tu), semellante ao castelán riopratense. É falado por 7,5 millóns de persoas (2018).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas do Salvador