José Fernández Formoso, nado en Ortigueira cara a 1908 e finado en Chavín o 8 de febreiro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Labrego aveciñado no Couce Mosquento (Os Devesos). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e uniuse ao Grupo Neira. O 8 de febreiro de 1943, cando participaba no asalto ao veciño de Rúa (Cervo) Manuel Otero Mon con outros tres guerrilleiros, foron denunciados á Garda Civil de Cervo por outro veciño. Perseguidos pola benemérita, refuxiáronse nunha casa de Castro en Chavín. Descubertos, iniciouse un tiroteo e José Fernández resultou morto. O resto dos compoñentes do grupo lograron fuxir. Na acción tamén morreu o garda civil Amando Díaz Montero."La Guardia civil de Cervo mató a un atracador huído desde la iniciación del Movimiento", El Progreso, 11-2-1943, p. 2. Na información figura por erro que o nome do guerrilleiro morto era Jesús Iglesias Escourido.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes